PROGRAMACIÓN XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Xa están aquí!
Estades todos e todas convidados a participar.

Da Plataforma Proxecto Cárcere convidámosvos a participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de Xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de Xuño ás 18h30.

Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construcción da nosa comunidade.

As xornadas son un paso mais nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidimos constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara a recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensamos as xornadas como unha oportunidade de debatir e reflexionar sobre a construcción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin teremos debates abertos á participación de tódalas persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestion e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construcción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.

Alén da programación de actividades (programa disponibel en breve) tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É . Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografia, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19h15 despois da leitura do manifesto da Plataforma Proxecto Cárcere.

ACTIVIDADES PERMANENTES

Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas
Ordenador con web cam para “fichar ao público e participantes” (foto de frente e perfil)
Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.

Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos

Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún
pincho.

Radio: Cuac FM

Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo

Xornadas de portas abertas no carcere da coruña

Dende a Plataforma Proxecto Cárcere estamos a pensar nunhas xornadas e portas abertas a tódola cidadadanía da Coruña no antigo cárcere da Torre con actividades de calquera tipo (musical, teatral, artística, etc, etc.).

PLATAFORMA PROXECTO CÁRCERE creouse a finais do ano 2010 pola inquedanza de persoas e colectivos cidadáns co fin de recuperar o espazo do cárcere, representativo de represión nun espazo de convivencia, libre e aberto onde priman os usos social, cultural, educativo, lúdico e a participación cidadá.
Non somos un grupo pechado, estamos abertos á vosa participación.
O noso funcionamento é de asamblea aberta.
Agardamos as vosas propostas e convidámosvos a participar en todas elas.
Moitisimas grazas pola vosa colaboración.