

Mais vale tarde que nunca..
Xa podedes ver o video-resumo das xornadas de portas abertas:
Unha vez máis: Gracias a todos e todas, sen vos non sería posible.
Que o disfrutedes!!
“Nunca dubide que un pequeno grupo de persoas conscientes e unidas poda ser quen de mudar o mundo; de facto, sempre foi somente así que o mundo mudou”
Fritjof Capra
Con catro días foi que mudamos o noso pequeno mundo, ese pedaciño de terra que chamamos Coruña. Foron catro días de música, de teatro, de maxia, de debate, de expresión artística, de memoria e sobretodo de aprendizaxe colectiva. Confirmamos, despois de 6 meses de intenso traballo e conversas, que outras maneiras de facer son posibeis e sobretodo necesarias. Testemuñamos que esta idea dun grupo mais ou menos pequeno, é compartida por moita xente, coa asistencia ás Xornadas de Portas Abertas de 250 persoas de media en cada un dos catro dias, conseguíndose mais de 400 sinaturas de apoio ao Proxecto e uníndose á Plataforma mais de 100 persoas, chegando xa a aproximadamente 200 integrantes na mesma. E isto non é mais do que o início.
A Plataforma Proxecto Cárcere quere que o espazo da antiga prisión provincial da Coruña, con todo o que representa, sea posto ao dispor da cidadania sendo nós quen decidamos como queremos construir a nosa cultura, a nosa sociedade, e a nosa historia. Precisamos de espazos de encontro e de liberdade para expresarnos artisticamente, socialmente e recordar de onde vimos para podermos saber cara onde queremos ir como comunidade. Xa existen suficientes espazos institucionais e privados na Coruña onde as cidadás e cidadáns asisten como espectadores. Proxecto Cárcere non prentende que a cadea sea un contentor mais de cultura, senón un espazo vivo desde onde se constrúa cultura a partir de todas e cada unha das persoas que formamos a sociedade. Con ese fin continuaremos a nos reunir, debatir, traballar e construir unha proposta firme e sólida que contemple as visións da colectividade da Coruña.
Agradecemos a todas as persoas e colectivos que participaron nas xornadas dunha ou outra maneira por facer deste soño unha realidade…imparabel.
Para te unires e participar na Plataforma Proxecto Cárcere envia email a proxectocarcere@gmail.com e visita o nosso blog e WIKI.
Despois de días intensos onde nos encontramos, convivemos e creamos alianzas para os próximos meses do Proxecto Cárcere, mañá sábado 11 terminarán as Xornadas de Portas Abertas do Proxecto Cárcere. Será un día adicado á Memoria Histórica, onde participarán por volta de 15 presas e presos políticos na cadea da Coruña, nas actividades organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Iniciaranse os actos ás 11h30 cunha concentración, lectura de manifesto e colocación de placa conmemorativa, de carácter provisional, lembrando a prisión como lugar de represión franquista, e como homenaxe a todas as persoas que loitaron pola liberdade e democracia. Ás 17h30 terá lugar a charla “Represión Franquista e as vivenzas na cadea” coa participación de ex-presos políticos que estiveron no cárcere. A xornada rematará coa proxección do documental “O Segredo da Frouxeira”, que contará coa presenza do seu director Xosé Abad, tamén ex-preso da cadea.
“O Segredo da Frouxeira” de Xosé Abad
As actividades permanentes, exposición Liberdad.é, mural participativo de Proxecto Cárcere, Cuac FM, punto informativo, bar, mural feminista, etc continuarán abertos ata o feche das xornadas.
Agradecemos a todas e a todos a vosa participación nestas xornadas e esperamos poder contar convosco neste proxecto, xa de toda a cidadanía da Coruña, para conseguir que o cárcere da Torre, en total abandono, non caia nas máns expeculativas duns poucos, e pase a ser o espazo de encontro, debate, expresión, e coñecemento que tem demostrado ser nestes catro dias.
Para apoiar e formar parte da Plataforma Proxecto Cárcere podes enviar email a proxectocarcere@gmail.com
Saúdos e ata xá!
A noite máxica do primeiro dia das xornadas evidencia a capacidade de transformación que temos a xente, a cidadania, en poñer a andar un soño cando traballamos colectivamente. Houbo unha grande participación, e non só asistencia, das preto de 300 persoas que entramos no cárcere neste día. Iniciamos as xornadas entre música e cereixas movéndonos por espazos de expresión coas palabras e as obras de mais de 20 artistas plásticos na exposición Liberdad.é. Xogamos ao “parchís” avanzando postos coas nosas aportacións ao que queremos que sea o cárcere: un espazo de encontro e liberdade. Xentes de todas as idades ilusionámonos co circo como se fose a primeira vez. Falamos de todas as posibilidades e alternativas de producción e xestión da cultura, unha cultura que non nace en despachos nen ministerios, senon desde cada unha de nós. Sen dúbida hoxe no cárcere os contidos primaron sobre o contedor resignificando un espazo noutrora de represión nun espazo de liberdade e expresión.
Moitas grazas a todas e todos porque sen vós isto non sería posibel.
PROGRAMACIÓN XORNADAS DA PLATAFORMA PROXECTO CÁRCERE DA CORUÑA
Mércores 8 de Xuño
19:00 Inauguración Xornadas:
Lectura manifesto Plataforma Proxecto Cárcere e presentación participantes nas Xornadas
19:15 Inauguración Exposición “Liberdad.é”
Presentación da exposición e artistas colaboradores (E4)
Actividade continua :
Mural Plataforma Proxecto Cárcere “Cultura – Sociedade – Memoria”
Aberto á participación da cidadanía
20:00 “Producción e xestión cultural”
Debate sobre alternativas aplicabeis a Proxecto Cárcere de xestión e producción cultural.
CSO Atochas, Culture Workers, Manicómicos… (E5)
21:30 “Achegamento ao mundo do circo”
Obradoiro a cargo de Fredi Muíños do colectivo Manicómicos (E2)
22:00 “Concerto musical de Manu Clavijo” (E7)
Xoves 9 de Xuño
19:00 “Cidade e movementos sociais”
Debate aberto en torno aos conceptos de cidade e cidadanía convencionais versus alternativos
Rede de Dereitos Sociais, Asociación sen Papeis, Movemento 15-N… (E5)
20:30 Visita guiada pola cárcere
Gracia Arias González, abogada de prisións e traballadora do antigo cárcere provincial da Torre leváranos a través do tempo no día a dia do cárcere e das persoas que o habitaban.
21:30 Concerto de Álvaro Murás
Música funk fusion (E7)
22:30 “Cabaret As3”
Carmen Cotelo, Noemi Miranda e Alba Fernández (E7)
Venres 10
Actividades contínuas
“Da horta á mesa! Consumo consciente e responsabel”
Elaboración de petiscos de producción local e eco-lóxica seguindo princípios de consumo consciente e responsabel
Cooperativa de Consumo Responsabel Zocamiñoca. (E3)
Mural Feminista
Colectivo feminista Nomepisesofreghao
Feira de troco
Feira de troco de obxectos onde o diñeiro está de mais. O “Troco” consiste en trocar cousas que aínda están en boas condicións pero que xa non utilizamos por outras das que precisamos, promovendo desta maneira un consumo mais razoabel e lóxico. A Rede Troco estará no cárcere durante a tarde e o Troco terá lugar ás 20h.
Rede Troco Coruña
17:00 “Embarazo, maternidade e porteo respetuoso”
Serdoulas (E2)
18:00 Café Feminista sobre a lei da família
Coloquio-café relaxado sobre feminismo. O café, té, pasteis…son compartidos á vontade entre todas/os participantes.
Cafés Feministas (E3)
19:00 “O Futuro do cárcere”
Asamblea aberta sobre a recuperación do cárcere como centro sociocultural e da memoria (E5)
20:30 Presentación mundial do grupo surrealista galego (E2)
20:30 “Xénero Escea. Área de descanso ”
Compañía Gayo-Pinheiro (E6)
21:30 “Fados de Lisboa”
Gonçalo Guerreiro (E7)
22:00 “Bótoche unha mán?”
Compañía Catro no Metro (E7)
Sábado 11
11:30 Concentración da Comisión da Recuperacion da Memoria Historicia coa presenza de persoas que por motivos políticos pasaron por esta prisión. Lectura do manifesto “Nós tamén estamos indignados” e colocación dunha placa p conmemorativa lembrando a prisión como lugar de represión franquista, e como homenaxe a todas as persoas que loitaron pola liberdade e democracia
17:30 “Represión Franquista e as vivenzas na cadea”
Charla a cargo da Comisión da Recuperación da Memoria Histórica coa participación de ex-presos políticos que estiveron no cárcere da Coruña (E5)
18:30 Proxección de “O segredo da Frouxeira”
Contará entre outras persoas coa presenza do seu director Xosé Abad, que tamén estivo no cárcere da Coruña
(E5)
FECHE XORNADAS
Actividades Permanentes.
Exposición Liberdad.é – Retransmisión en directo de CuacFM – Mural de Proxecto Cárcere – Mural Feminista – Bar – Punto de información
Xa están aquí!
Estades todos e todas convidados a participar.
Da Plataforma Proxecto Cárcere convidámosvos a participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de Xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de Xuño ás 18h30.
Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construcción da nosa comunidade.
As xornadas son un paso mais nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidimos constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara a recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensamos as xornadas como unha oportunidade de debatir e reflexionar sobre a construcción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin teremos debates abertos á participación de tódalas persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestion e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construcción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.
Alén da programación de actividades (programa disponibel en breve) tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É . Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografia, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19h15 despois da leitura do manifesto da Plataforma Proxecto Cárcere.
ACTIVIDADES PERMANENTES
Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas
Ordenador con web cam para “fichar ao público e participantes” (foto de frente e perfil)
Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.
Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos
Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún
pincho.
Radio: Cuac FM
Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo
Dende a Plataforma Proxecto Cárcere estamos a pensar nunhas xornadas e portas abertas a tódola cidadadanía da Coruña no antigo cárcere da Torre con actividades de calquera tipo (musical, teatral, artística, etc, etc.).
PLATAFORMA PROXECTO CÁRCERE creouse a finais do ano 2010 pola inquedanza de persoas e colectivos cidadáns co fin de recuperar o espazo do cárcere, representativo de represión nun espazo de convivencia, libre e aberto onde priman os usos social, cultural, educativo, lúdico e a participación cidadá.
Non somos un grupo pechado, estamos abertos á vosa participación.
O noso funcionamento é de asamblea aberta.
Agardamos as vosas propostas e convidámosvos a participar en todas elas.
Moitisimas grazas pola vosa colaboración.