Proxectos

PROXECTOS MORADORES NO CÁRCERE

 

E NÓS, AS MULHERES, QUE QUEREMOS FAZER AQUI?

Revirada, revista feminista

nós as mulheres que queremos fazer


RECOLLIDA DA MEMORIA ORAL DO CÁRCERE

cartaz recollida memoria oral

Nestes primeiros meses de actividade no Cárcere tense achegado moitas persoas que dun xeito ou outro tiveron relación coa antiga prisión da Coruña.

Presas e presos, familiares que viñan a visitalas/os, traballadores e traballadoras do Cárcere, veciños e veciñas…

Cada historia convertiuse nun pequeno tesouro que nos facía coñecer máis este lugar que tanto quixemos reabrir.

Coa ilusión de compartir esta memoria xurdiu o proxecto que vos presentamos agora e do que nos gustaría participárades “Recollida da Memoria Oral do Cárcere”.

Será un proxecto en dúas fases iniciándose a primeira na próxima semana e durante todo o mes de outubro.

Logo farase unha formación para as persoas que vaian participar na segunda fase que terá lugar a partir de novembro e onde faremos o traballo máis sistemático de recollida de memoria oral.

Para poder realizar este proxecto precisamos persoas voluntarias con disponibilidade os mércores, venres e/ou sábados de 17:00 a 20:00 para ter conversas e toma de contacto coas persoas que se aproximen a contar as súas historias.

Se este proxecto che interesa e podes comprometerte polo menos un día por semana escribe a proxectocarcere@gmail.com

Esperámoste!


HORTAS COMUNITARIAS DO CÁRCERE

hortas comunitarias

No ano 2016, o concello d’A Coruña convocou un concurso pra a cesión a tres entidades da cidade das hortas urbanas situadas no parque Carlos Casares a carón da antiga prisión provincial. Ecos do Sur, a AVV Atochas Monte Alto e Proxecto Cárcere foron as asociacións que van xestionar as hortas nos vindeiros dous anos.

Se queres traballar connosco nas hortas escribe a proxectocarcere@gmail.com


ONDAS DO CÁRCERE

ondas do cárcere 2

Desde o 9 de Novembro de 2012 a plataforma Proxecto Cárcere emitimos o programa radio «Ondas do Cárcere» grazas ao premio concedido pola Cuac FM en Xullo de 2011 no que se elixiu á Plataforma Proxecto Cárcere como mellor colectivo cidadá que traballou a prol da nosa cidade nese ano.

Ondas do Cárcere pretende ser un espazo mais de inter-comunica-acción onde toda a cidadanía podamos aportar ideas, experiencias e coñecimentos cara a recuperación do antigo cárcere da Torre para uso público.

Proximamente volveremos ás ondas.