Boletín do Cárcere – Outubro 2018

BOLETIN_PC_2

A Coruña, Outubro 2018

O cárcere quédase pequeno.

Dous meses despois da apertura dunha parte da antiga prisión provincial da Coruña o interés en visitar máis cárcere e facer máis actividades non fai máis que aumentar.

O uso do cárcere está moi limitado tendo que renunciar ao 80% das propostas de actividade que presentaramos para a dinamización do espazo en xullo de 2017. A falta de recursos para acondicionar máis espazo e con máis capacidade e diversidade de usos, fixo que este se reducira ao que na actualidade se pode utilizar.

CAMPANHA MAIS E MELLOR

Na campaña de sinaturas O Cárcere: máis e mellor, que termina este fin de mes de outubro, e que foi iniciada o mesmo día que entramos, xa puxemos de manifesto que este era só un primeiro paso e que era imprescindibel un compromiso político Concello – Cidadanía a medio e longo prazo.

Con este fin convidamos as diferentes organizacións políticas no goberno para que coñecesen o espazo e o traballo que se está a facer. Continuaremos con esta tarefa ampliando a outros axentes da cidade nas próximas semanas e logo comunicaremos resultados.

Para saber máis e asinar a Campaña fai click AQUI

Estamos a ver que as diferentes linguaxes e prioridades que podemos ter a acción cidadá e o sistema administrativo e político fan intrínseco un proceso que debería ser moito máis fluído e dialogado. Especialmente moito máis dialogado.

Supoñemos que con paciencia, vontade e a base de proba-erro iremos chegando a camiños de encontro que sexan eficaces e xustos para todas as partes.

Esta entrada, como xa manifestamos anteriormente, non é para nós a ideal, pero desde logo é mellor do que asistir impasibeis a un cárcere pechado e deteriorándose.

A nosa prioridade, agora como 8 anos atrás, é dar vida ao Cárcere a través da súa rehabilitación e uso sociocultural  por e para a cidadanía.

E nisto as cousas si están indo moi ben. Propostas de actividades moi diversas das que, nos enorgullece dicir, que todas durante este mes foron de xente allea ao Proxecto Cárcere. Persoas e colectivos que sinten este espazo como propio e que están dispostas a darlle unha outra vida.

Apesar de que o verán terminou continua a achegarse xente a preguntar e a saber si se podería visitar a parte interior, onde están as celas e panóptico, e a saber máis sobre que uso se lle quere dar. Oxalá pronto se poda dar tamén resposta a este desexo.

Unha visita que queremos mencionar especialmente foi a das Brigantias, que deron unha charla divulgativa sobre o Roller Derby. Este é un deporte de equipo en patíns autoxestionado polas xogadoras e de base feminista e inclusiva. Máis información AQUI

Elas, como nós presentaran a súa proposta para o Cárcere o ano pasado e desde hai tempo tiñamos moita vontade en coñecelas persoalmente.

Falaron do dificil que era acceder a pistas de entrenamento xa que na Coruña hai moitos clubes deportivos, o que é moi bo, pero insuficientes instalacións. Para o seu uso priorízase a clubes con maior número de participantes e máis consolidados, pero claro, para poder crecer hai que entrenar, e para entrenar hai que ter onde facelo. Vamos, a pescada que se morde a cola.

Podería ser o Cárcere unha posibilidade para dar resposta a esta necesidade cidadá? Os patios da parte de atrás chegan aos metros mínimos requeridos. De momento deixamos ese dado cima da mesa.

E xa continuando coa actividade de Outubro que vai xurdindo extraordinariamente. Este xoves 18 de outubro ás 19:00 teremos ao arquitecto social Santiago Cirugeda no Cárcere para falarnos de “O dereito á ilegalidade”.

Cirugeda propiciou que se fixeran as rampas de accesso ao Cárcere. Estas son estructuras mobiles feitas con materiais reciclabeis que fixeron posibel que desde o minuto 1 todas poidesemos entrar no cárcere.

Promete ser moi interesante, non faltes.

Máis información AQUI

E nós pois a facer moito traballo. As que vedes por ali limpando, ou falando coa xente, as que suben información ás redes, as que dan paso ás propostas e axudan nas actividades, as que descifran formularios, as que os presentan e as que atenden á prensa, somos todas persoas voluntarias.

Máis ben somos persoas namoradas do Cárcere, porque fai falta moito amor para dedicarlle tantos anos e tanto esforzo a un edificio, a un proxecto e á memoria que representa.

cartaz recollida memoria oral

As historias que nos están contando diversas persoas que se achegan ao Cárcere son un ben común que consideramos forman parte do patrimonio inmaterial da antiga prisión. Estamos a formar un grupo de “recolledoras de memorias” e tamén pedimos a quen queira que nos comparta a súa experiencia directa ou indirecta coa prisión.

Se estás interesada podes enviarnos email a proxectocarcere@gmail.com ou achegarte ao cárcere os días de mantemento.

Mércores, Venres e Sábados de 17:00 a 20:00 estamos no Cárcere.

Esperámoste.

Boletín Informativo – 16 de Xullo 2018

BOLETIN_PC_2

A Coruña, 16 xullo 2018

E xa comezamos a abrir o Cárcere.

Esta semana tivemos dúas xornadas de limpeza con merendola. Veu xentiña a nos axudar e a interesarse polo proxecto. Veciñas do barrio, Espiga, Oasis, voluntarias individuais, xente nova e turistas que tamén se achegaron a coñecer sobre o Cárcere.

Foi un gusto ver por fin este espazo cheo de xente.

Tivemos tempo de traballar, de comer e de cantar, grazas ás pandereteiras da querida Comuna que sempre están aí para o que faga falta.

Tamén coñecimos ao colectivo Recetas Urbanas que ofreceron o seu saber facer e poidemos completar unha das rampas que precisa o Cárcere. Moitísimas grazas!

E xa temos data para a Festa de Apertura, será o sábado 4 de agosto durante todo o día. Haberá actuacións, exposicións e máis sorpresiñas e sobretodo será un momento para que todas as persoas interesadas vos acheguedes a coñecer o espazo e saber como funciona.

Daí para adiante o Cárcere estará aberto para todas.

Semana a semana, seguiremos informando.

 

Boletín informativo de Proxecto Cárcere – 1 de Maio 2018

Este domingo 29 tivemos a Asemblea de Abril onde avanzamos nos pedidos do Concello da Coruña para efectivizar a entrada no cárcere.

Aprobamos a contratación do Seguro de Responsabilidade Civil e a reformulación de proxectos que se adapten ao espazo que finalmente poderemos ocupar.

Estamos á espera do borrador do contrato para ser aprobado en asemblea e asinado por Proxecto Cárcere. Esperamos que nesta semana teñamos este documento para poder por fin materializar a entrada do proxecto, e por tanto da cidadanía a este emblemático edificio da Coruña.

En palabras das persoas técnicas todo este proceso non levaría máis dun mes desde a última reunión que mantivemos con elas. Polo que sería como moi tarde o 17 de Maio. Desexamos que se cumpra desta vez a data dada e non haxa máis demora.

Após 7 meses de paciencia e comprensión, toca agora que as palabras tornen feitos.

Nestes días estiveron a rodar escenas dun filme dentro do cárcere.

Alégranos que se estexa a dar acceso ao edificio pois alén de ser o adecuado denota vontade e capacidade de facilitar o seu desfrute e uso inmediato.

Queremos tamén agradecer aos colectivos e persoas que nos estades a enviar solicitudes de uso pola vosa paciencia e esperamos poder dar resposta positiva en breve.

Por outro lado informar de que estamos agora a utilizar un novo blog en wordpress xa que blogaliza deixou de funcionar nas pasadas semanas. Estamos a terminar de organizar todos os conteúdos pero xa podedes visitarnos neste enderezo www.proxectocarcerecorunha.wordpress.com

carcere

imaxe do espazo que se utilizará inicialmente

 

 

 

As portas do cárcere están abertas

Parabéns Cidadanía da Coruña!

Agora si. Para PROXECTO CÁRCERE era imprescindibel que a resolución fose oficial e toda a documentación pública e accesibel para poder considerar que o edificio do antigo cárcere da Torre xa é un espazo para a cidadania.

Estamos moi agradecidas a todas as persoas e colectivos que durante estes anos creástedes este proxecto que non é nin 50 persoas iniciais, nin das 10 a 6 que se mantiveron nos últimos anos, nin das 20 que podemos ser neste momento.

Proxecto Cárcere considera a toda a xente desta cidade e alén parte do Proxecto, e deste xeito quere tornar un soño de 7 anos nunha realidade.

As portas do cárcere, por fin, están abertas.

GRAZAS CORUÑA.

Accede aqui á resolución

 

A revolución comeza hoxe!

Este xoves 22 de decembro, tivemos a última asembleia do ano. Asistiron caras novas xunto coas habituais coas que compartimos proxectos, ideas, motivacións e decidimos novos pasos para este ano que chega.

Proxecto Cárcere entra así nun proceso de transición no que irá desaparecendo como tal para transformarse nun outro grupo de acción cara a dar vida ás propostas e soños de tantas persoas que pasaron por esta iniciativa.

Esta é unha fase que concordamos as persoas ali presentes, de traballo e acción, onde podemos utilizar o traballo teórico e a filosofía compartida de Proxecto Cárcere, como base para crear propostas concretas para os diferentes pasos que se nos presentan.

Con este motivo acordamos establecer unha Xornada de Traballo para o luns 9 de Xaneiro.

Se queres participar na mesma ou obter máis información ponte en contacto connosco enviando email a proxectocarcere@gmail.com

BÓ NADAL!

 

Proxecto Cárcere nas Conversas das Culturas

O pasado martes 26 de abril, Proxecto Cárcere participou no ciclo de Conversas das Culturas* do CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC que tivo lugar na cidade de Lugo. As conversas tiñan como eixo debatir ao redor da diversidade das culturas, así como reivindicar a aposta pola ecoloxía do saber.

O título que propuxo Proxecto Cárcere para a súa conversa foi “Afectos e coidados nos proxectos culturais”, onde se reflexionou sobre o proceso emocional das persoas que formaron e forman parte da plataforma ó longo dos 5 anos de percorrido nos que leva traballando, atendendo aos aspectos máis afectivos e emocionais.

Falouse do proceso, do grupo e da súa diversidade, das experiencias persoais, dos coidados internos e externos, dos conflitos e da vida dentro e fóra do colectivo entre outros temas.

* As Conversas das Culturas son coordinadas por Xosé Antonio Neira Cruz no marco de campUSCulturae, proxecto europeo cofinanciado pola Universidade de Santiago de Compostela e pola EACEA Culture Agency e organizadas por Fran Quiroga, coordinador do CulturaLab do Máster en Servicios Culturais da USC.

Deixamosvos a continuación o link da conversa.

Mesa redonda: Arquitectura no cárcere

O pasado martes 26 de Abril presentouse na Casa Museo Casares Quiroga

en A Coruña, a mesa redonda titulada “Arquitectura no cárcere”, dentro

das actividades do blogue memoria co cárcere e organizada pola ARMH

(Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e PC (Proxecto

Cárcere) coa colaboración da ETSA (Escola técnica Superior de Arquitectura)

Participaron no acto, José Lado de Proxecto Cárcere, Xosé Lois Martínez arquitecto ETSA,

Carmen Garcia-Rodeja profesora (ARMH), Jordi Tell e os compañeiros no

seu paso polo cárcere da Coruña, e Gemma Domènech, historiadora da arte ( ICRPC) e

autora do libro, “Jordi Tell arquitecto , a modernidade na Coruña, unha vida apaixoante”

foto cortesía Pedro Iglesias

foto cortesía Pedro Iglesias

A obra de Jordi Tell, a casa Cervigón, supón un dos fitos na modernidade en

Galicia e non seguramente ben valorada. Autores como él mesmo ou José

Caridad Mateo, foron uns exemplos desa arquitectura e dese concepto de

modernidade que foi esmagada pola dictadura.

No cárcere da Coruña había todo tipo de presos entre eles un grupo de

cataláns detidos pola GESTAPO en Berlín e e que chegaron en Abril de 1937:

Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos

Auernheimer e José Luís García Obregón. Diferentes vidas e traxectorias son

testemuñas do sucedido no cárcere.

foto cortesía de Pedro Iglesias

foto cortesía de Pedro Iglesias

Jordi Tell, (1907-1991) Importante arquitecto e notable debuxante tivo una vida

trepidante. En Berlín participa contra o ataque sedicioso da embaixada

española de someterse ó fascismo en Alemania e é entregado a Franco e

trasladado,  xunto co grupo de cataláns,  ao cárcere da Coruña onde contacta

con José Caridad Mateo e onde fai una das obras máis significativas do

movemento racionalista de Galicia: a casa Cervigón de Santa Cristina. Fuxe

con Rogelio Caridad en lancha, despóis de chegar a Barcelona , marcha a

Noruega onde é encargado de negocios da embaixada e participa tamén na

resistencia xunto a un Willy Brandt mozo e entabla moita amizade con Trygve

Lie, o que sería o primeiro secretario xeral da ONU.

O libro “Jordi Tell: un llop solitari” da investigadora Gemma Domenech

Casadevall fai que se recupere a un personaxe cunha vida chea de vivencias a

prol dos valores da República.

Queremos agradecer a Carmen García Rodeja polas súas aportacións e resumo da xornada.

Velaquí algúns enlaces de interese:

Posts no blogue memoria do cárcere:

o-faro- iluminando-a- noite-dos-presos/

unha-sardana- en-prision/

jordi-tell- novellas/

Reportaxe en LA OPINION 23 de Abril

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2016/04/23/catalanes-celda-

Artigo de LA OPINION de Xosé Lois Martínez 25 Abril

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/04/25/obra-dunha- mente-viviu-

Proxecto Cárcere con Manuel María

Manuel-María-Dia-do-Libro-669x272

O pasado 23 de Abril, con motivo do dia do libro, a Plataforma Proxecto Cárcere sumouse á iniciativa de homenaxe á figura de Manuel María. O acto desenvolveuse no Museo de Belas Artes de A Coruña, e máis de 300 persoas lemos poemas do autor, nun evento cheo de emotividade e amor pola nosa cultura. Por alí achegámonos Xosé Lado e Eva Piñeiro coa familia Nunes ao completo. O reto era grande. O noso poema, de Versos para un país de minifundios (1969), ben podemos decir, acaído:

Non creas o que din os xornais,
nin o que berran
as estaciós de radio,
nin os números xeados
que traen as estadísticas.
Non te fíes tampouco
no que se le nas guías
feitas para uso de turistas.
Non enchas o teu corazón
–tan canso e tan velliño-
coas canciós de moda.
Non lle dés creto ningún
á propaganda.
Non ergas na túa intimidade
–no lugar que algún día
ocuparon os deuses-
a imaxe dun ídolo
que pode ser un futbolista,
unha estrela de cine,
un charlatán,
cecais un falso amigo.
Recóllete en ti, ¡ouh
pobo meu!, medita,
chora longamente
os teus pecados.
E así que esteñas purificado
polas bágoas:
olla a realidade
na que vives
e abre, para sempre,
os teus ollos puros cara a luz.

Dinamizou e apresentou o evento Xurxo Souto, cariñoso, incisivo e comprometido coa terra. A viuva de Manuel María, Saleta, estaba entre o público, feito que aportou máis solemnidade aínda a lectura. Facía sol, e o espazo do Museo non fixo máis que ser a envolvente perfecta para unha mañá entre libros. Acelebramos a cultura, acelebramos os libros, e acelebramos a memoria.

As institucións e nós…

AlDSM-gXfBqQvoaAYNiaGRnB4cGfMzy-1_63DaYxo2Ct

No pasado mes de Decembro Proxecto Cárcere foi chamado pola concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda para nos informar do estado de negociacións entre o Concello e o SIEP (Ministerio de Interior) con respecto ao cárcere da Torre.

Nesta reunión confirmóusenos o que uns días antes fora publicado na prensa en que o alcalde Xulio Ferreiro anunciaba unha posibel cesión para uso público por parte do SIEP. Este posibel acordo estaba condicionado a que non interferira no presente contencioso en que se encontra ambas institucións desde tempos do Sr. Negreira.

Seguindo unha conversa vía telefónica no mes de Xaneiro en que preguntábamos polo decurso desta iniciativa fomos convocadas a unha reunión para este xoves 12 onde esperamos ter novas concretas.

Pola nosa banda decidimos continuar coa nosa labor reivindicativa de acondicionamento e rehabilitación da prisión como centro sociocultural e da memoria e por ese motivo iniciamos unha serie de peticións formais aos diferentes organismos responsabeis.

Seguiremos informando.

uso carcere

posibel convenio

solicitude-visita

Proxecto Cárcere no pleno do Concello da Coruña

Onte Silvia Longueira, do PSOE levou ao pleno o tema do antigo cárcere da Torre e do Proxecto Cárcere. Aqui o audio coa súa intervención e a resposta do concelleiro de Rexeneracion Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela.
Hoxe, martes 15 de decembro, reunímonos con Varela á súa petición para nos informar sobre novas con respecto ao cárcere. Levamos as nosas preguntas tamén a esta reunión que recordamos eran:
– O edificio pasou a ITE? Se foi así foi favorable ou desfavorable?
– Que obras se levaron a cabo durante o verán de 2014?
– Na Escola de Arquitectura estase a desenvolver un tema de Proxecto Final de Carreira, no edificio do cárcere. Sería posible unha visita?
– Cal é a situación actual do xuízo sobre o convenio de devolución do cárcere? Cales son os prazos? Canto se podería demorar? Que din os servizos xurídicos do concello?
– Se entablaron negocicacións co SIEP?
– Se seguirá coa estratexia de Negreira de solicitar xudicialmente a nulidade do convenio asinado por Vázquez?
– Cales son os seguintes pasos que plantea o Concello para obter o cárcere da Torre?
– Habería a posibilidade de organizar un encontro como o de 2010 sobre novos modelos de xestión cidadá de espazos dentro do cárcere? E fóra do cárcere?
– Cal é a posicion do concello e que movementos pensades facer para conseguir a devolución do cárcere?
– Qué posición como cidadáns podiamos tomar para conseguir a utilización do cárcere pola cidadanía?
Comunicarémosvos os resultados deste encontro como fixemos dos anteriorres.
Agradecemos como sempre o voso apoio e o de todas as persoas, colectivos ou organizacións que confían en Proxecto Cárcere.
corunha janeiro