Se che apetece dar unha axudiña cando teñas dispoñibilidade e vontade, podes ser Amiga Traballadora e colaborar no Banco de recursos e tarefas.
Periodicamente organizamos xornadas de limpeza e mantemento ou tamén podes achegarte os días que hai xente no Cárcere (mércores, venres e sábados de 17:00 a 20:00) e ver que se precisa facer na lista de tarefas.
Tamén podes ver que se precisa e se tes ou podes conseguir aportar algo á lista de recursos.
Sendo parte da lista de emails Amigas do Cárcere, recibirás información regular para poder participar con máis facilidade. Pídenos que che incluámos nesta lista.
No panel informativo no Cárcere tamén poderás informate.
E se non tes tempo de participar fisicamente ou alén diso queres apoiar a Proxecto Cárcere para continuar coa rehabilitación e recuperación da antiga prisión provincial en centro sociocultal e da memoria, podes ser Socia de Proxecto Cárcere, a asociación cultural que temos como forma xurídica para poder acceder á xestión do Cárcere. Sendo socia axudas a dar lexitimidade social e legal ao proxecto e aos seus fins.
As socias de Proxecto Cárcere contribúen cunha cota anual de 12€ ou cota 0€.
Envía email a proxectocarcere@gmail.com pedindo ser socia ou pide o formulario no Cárcere