A próxima Asemblea de PC terá lugar o venres 14 de Decembro ás 20h30 no CS Gomes Gaioso (Rúa Marconi).
Despois da mesma compartiremos petiscos e bebidas no mesmo local de Gomes Gaioso. Estades convidadas/os!! 🙂
Orde do día:
1. Avaliación Chiculatada. (10 minutos)
2. Culturgal (10 minutos)
3. Red Transibérica (10 minutos)
4. Grupos de Traballo (Sensibilización e comunicacion – Economía – Investigación – Radio – Estratexias e debate). (15 minutos cada un / estratexias e debate 25 minutos- total 1h25)
5. Varios (Boletín anual, etc ) (5 minutos)
Total : 2h (A máxima duración das Asembleas de Proxecto Cárcere é de 2 horas. Se non é posibel tratar todos os temas neste tempo pasarán como primeiros pontos da orde do día da Asemblea de Xaneiro)
Vaite logo o meu ninín/niniña marcha agora pra camiña que vai vir o Apalpador a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande, día do noso Señor. Xa chegou o día grande, e virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela, que haberá gran nevarada e há vir o Apalpador c’unha mega de castañas.
Por aquela cemba xá ven relumbrando o señor Apalpador para darvos o aguinaldo.
😉