Asamblea de Setembro para o venres 28 ás 20h30 no Centro Social Gomes Gaioso

Regresando con enerxías renovadas despois do longo e cálido verán da Coruña convidamos a toda a xente a participar da primeira reunión dunha nova tempada deste Proxecto Cárcere. Nesta reunión re-definiremos os grupos e os obxectivos a seguir durante a nova etapa que se nos presenta, é pois unha moi boa oportunidade para unirte ao grupo e aportar a túa visión ao proxecto.

A reunión terá lugar o venres 28 de Setembro ás 20h30 no Centro Social Gomes Gaioso na Rúa Marconi, 9.

Esperámoste!

Orde do día

1. Re-estructuración das tarefas e obxectivos da Plataforma

En base ao falado na Asamblea de Xullo distribuímonos en novos grupos de traballo e comezamos a definir tarefas e obxectivos para cada grupo.

2. Programa Cuac FM

3. Rede Transibérica

Avaliar organizar un evento para conseguir forza interna e compartir experiencias na Coruña.

Seleccionar persoas encarregadas das comunicacións e traballo coa Rede

4.  Avaliación Seminario “Estratexias Creativas de Sustentabilidade” en Berlín (Tomi)

5. Varios

 

Proxecto Cárcere no seminario “Estratexias Creativas de Sustentabilidade” na UFA Fabrik de Berlín

Do 10 a 15 de Setembro terá lugar no Centro cultural internacional UFA Fabrik o seminario “Estratexias Creativas de Sustentabilidade” no que participará Tomi Legido da Plataforma Proxecto Cárcere e radio comunitaria Cuac FM.

Este evento propón unha reflexión común sobre o potencial de estratexias sustentabeis e a oportunidade de descubrir prácticas existentes en Berlin e o resto da Europa. Os seis días están cheos de charlas e presentacións, coñecendo proxectos sustentabeis en Berlín, obradoiros de construcción con balas de palla, e expresión artística, interacción social e cine-bici.

Os participantes e expertas veñen de 16 países europeos: Croacia, República Checa, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Lituania, Holanda, Noruega, Rumanía, Eslovaquia, Estado Español e Ucrania.

Sobre a UFA Fabrik Berlin

O Centro Cultural Internacional UFA Fabrik Berlin é un dos pioneiros europeos no movemento da sustentabilidade. Durante mais de 33 anos téñense conectado aspectos ecolóxicos, sociais, de financiamento e artísticos para desenrolar o oasis cultural verde do distrito de Tempeholf en Berlín.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os 18.600 metros cadrados da antiga fábrica da UFA-Film están abertos ao público durante todo o ano, ofrecendo produccións artísticas, educación, actividades comunitarias e proxectos ecolóxicos.

Para mais info: www.ufafabrik.de/es/nav.php?pid=44