Domingo 19 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Asemblea

No terceiro e último día do Encontro os colectivos membros da Red Transibérica de Espazos Culturais Independentes reuniranse en asemblea para avaliar os resultados do encontro, sinerxias con novos espazos e pasos a seguir no futuro.

encuentro red juny 2012transibericaweb

A Red Transibérica é unha plataforma de cooperación que ten como misión favorecer o desenvolvemento e fortalecemento dos espazos independentes de España e estreitar a súa colaboración cos espazos de Portugal.

Os obxetivos da Rede son:

1. Fomentar e facilitar a cooperación entre espazos culturais independentes nos ámbitos de producción, distribución, mobilidade, intercambio, etc.

2. Promover a troca de coñecementos, a investigación sobre o sector e a capacitación profesional dos traballadores dos espazos culturais independentes.

3. Instituirse como órgao de representación colectiva ante a administración pública con ánimo de incidir nas políticas culturais e promover a creación dun marco legal que recoñeza e ampare a existencia dos espazos culturais independentes.

4. Apoiar as iniciativas de creación ou apertura de novos espazos culturais promovidas por colectivos artísticos ou ciudadáns.

5. Incrementar a visibilidade dos espazos culturais independentes e a súa vinculación directa aos valores e práticas que estos promoven, entre eles: cidadanía crítica e activa, políticas culturais participativas, xestión horizontal e transparente, a cultura como ferramenta de transformación social e recuperación do espazo público.

6. Establecer mecanismos de colaboración con outras plataformas, organizacións e redes -particularmente internacionais- que favorezan o desenvolvemento do sector.

Para coñecer mais sobre a Red Transibérica e solicitar adhesión consultar a súa páxina web AQUI

Sábado 18 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Rede Transibérica

No segundo día do Encontro coñeceremos os obxectivos e camiño da Red Transibérica explorando iniciativas posibeis tanto no ámbito rural como no urbán, e as dificuldades e solucións da xestión dos espazos culturais independentes.

CARTAZ RED TRANSIBERICAAbrimos a xornada ás 10h coa presentación da Red Transibérica e e mesa “Recuperación de Espazos culturais no rural”, café para tomar forzas e continuar coa “Recuperación de Espazos culturais no urbán”.

Fechamos a mañá coa presentación individual de proxectos dos espazos para o 2015 e desfrutamos da comida ecolóxica e local de Leira Longa e un descansiño e/ou paseo ollando ao mar bravo da Coruña.

Un bon momento para darlle unha ollada as exposicións do “Jail Art” e “Coruña Baleira” ou achegarse ata o Cárcere da Torre e vislumbrar o que pode chegar a ser este espazo para todas e todos nós.

Ás 16h30 pasamos á parte mais prática do Encontro co “Taller  de problemáticas e solucións na xestión de espazos” na que traballaremos toda a tarde finalizando cunha posta en común.

Momento para descansar e alimentar o corpo despois dunha intensa xornada de 20h30 a 22h co catering de Leira Longa na nosa cantina

Pero a cousa non termina aqui, como fin da parte aberta do Encontro iremos a partir das 22h30 ao  Mardi Gras ao concerto de “Ruta 77” ás 22h30 seguido da “Festa Pop Think in!”…e o que o corpo aguante.

Se aínda non te apuntaches, achégate o venres 17 ás 16h ao Instituto Anxel Casal e fala connosco. Isto non é para perder. 😉

 

Venres 17 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Proxecto Cárcere

O primeiro día do Encontro Proxecto Cárcere daremos a benvida a todas as persoas e colectivos participantes e trataremos de transmitar o espíritu desta iniciativa sociocultural e da memoria da cidade da Coruña.

cartaz-c__rcere_encontro-transiberica

Cartaz proposta de Manchea

A partir das 16h estaremos no hall do Instituto Anxel Casal entregando os packs do Encontro as persoas inscritas online e recibindovos a todas/os cun café de benvida a cargo de Leiralonga, que serán as encargadas do catering do Encontro.

Para as que queirades asistir na modalidade de 10€ aínda podedes facer a vosa inscripción neste día e no Sábado pola mañá na mesa de inscripcións situada no hall.

Teremos colocadas as expos de Proxecto Cárcere do “Jail Art” e de “Coruña Baleira” así como outros materiais e merchandising para que nos coñezades un pouco mais e/ou vos recoñecades a vós mesmas/os.

Às 18h30 faremos unha acción artístico-reivindicativa á que estades todas convidadas diante do cárcere. Será algo moi amarelo e redondo…No caso hipotético de que chova podemos levar un paraugas para non nos mollar (se tedes un amarelo mellor).

Depois regresaremos ao Instituto Anxel Casal onde Proxecto Cárcere propón un debate-diálogo “É viabel un Centro Sociocultural e da Memoria no Cárcere da Torre?” focándonos na importancia que poden ou non ter o espazo,  o cáracter público e o proceso de participación cidadá da iniciativa e a súa autoxestión.

Finalizaremos a xornada coa cea vexetariana e local servida por Leiralonga e unha actividade de ocio e encontro a cargo de Carmen Cotelo ás 23h.

Ideas para a apertura do Cárcere

Estes anos dende a plataforma Proxecto Cárcere estivemos a traballar na posibilidade de dotar de uso a antiga Prisión Provincial da Coruña. Ante o inminente periodo electoral queremos trasladar as nosas ideas para a apertura do Cárcere, a todos os partidos políticos da nosa cidade para que poidan recollelas nos seus programas electorais. As ideas céntranse en torno a seis conceptos principais (Proxecto Cárcere, autoxestión, participación cidadá, financiamento, edificio e uso público), co significado que lle da Proxecto Cárcere a cada concepto na apertura do cárcere a cidadanía.

  • PROXECTO CÁRCERE
    • Proxecto Cárcere funcionaría durante a fase inicial de posta en marcha da proposta como facilitadora do proceso participativo e negociacións entre institucións e cidadanía aportando os seus coñecementos, experiencia e filosofía.

04_20_N_2010_4

  • AUTOXESTIÓN
    • Entendemos a autoxestión como a autonomía da cidadanía en determinar os contidos, a toma de decisións e a organización do cárcere.

XORNADAS_PC_7

  • PARTICIPACIÓN CIDADÁ
    • Entendemos a participación cidadá como un proceso no que os diferentes axentes sociais/cívicos da cidade/barrio contribuen ao ideario e funcionamento do cárcere. Este debe garantir que as diferentes voces son escuitadas e con valor na toma de decisións.
    • O dereito a tomar decisións no cárcere tería como fundamento o principio de mancomunidade “casa aberta con fume”. O dereito existe en canto a persoa ou colectivo contribúen ao funcionamento diario do cárcere e desaparece no momento en que deixan de contribuir a él.
    • Estableceríanse unha serie de contra-normas polas que se regularía a convivencia e usos do espazo. Exemplo: non-machismo, non-racismo…
    • Utilizaríanse metodoloxías socias como ferramentas de traballo grupal para facilitar o proceso creativo e participativo do cárcere (Educación Popular de Paulo Freire, Xogo Oasis, Facilitación de grupos…)

06_20_N_2010

  • FINANCIAMENTO
    • Poderíase financiar a progresiva rehabilitación do edificio e do seu uso real a través de crowfunding, obradoiros-taller, subvencións a diferentes institucións públicas/privadas, aportacións das iniciativas cohabitando no cárcere, etc
    • O CSCM (Centro Sociocultural e da Memoria) disporía dun bar e servizo de bar para eventos dentro do cárcere como un dos métodos de financiamento colectivo.
    • O financiamento de cada proxecto ou actividade concreta que se desenvolvera no edificio sería responsabilidade das persoas promotoras de cada iniciativa.

XORNADAS_PC_24

  • EDIFICIO
    • Proxecto Cárcere considera que o total do edificio debería ser cedido á auto-xestión e uso da cidadanía.
    • Propostas de rehabilitación e usos axeitados dos espazos dacordo coa súa morfoloxía, onde se inclúe un estudo exhaustivo e profesional do estado do cárcere a nivel arquitectónico, patrimonial e urbanístico no contexto da cidade da Coruña. Apóstase por manter a estrutura orixinal do edificio e iniciar un proceso gradual de restauración e mantemento do mesmo baseado en principios de adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo.
    • O imobel debe cumprir cuns mínimos de rehabilitación e mantemento que garantan a seguridade das persoas que o utilicen.
    • Contarase cun seguro de responsabilidade civil para cubrir o bon desenvolvemento das actividades que nel se realicen.

aerea1

  • USO PÚBLICO
    • O uso do cárcere sempre sería público con acceso libre e gratuíto e respondería as necesidades das veciñas do barrio de Montealto en particular e do resto da cidade e contorna en xeral.
    • Proxecto Cárcere ten recollidas diversas propostas de uso no seu Plan de Viabilidade que se irían considerando dacordo a progresiva disponibilidade do espazo e a concreción e formalización das propostas.

XORNADAS_PC_1