Se queres ser parte da Vida interna do Cárcere, idear, planificar, executar propostas de organización interna para que O Cárcere sexa un proxecto sustentabel, podes convertirte en “moradora” do Cárcere.
As moradoras son as que manteñen a “Casa Aberta con Fume”, as que se preocupan polas necesidades do espazo e de cumprir os obxectivos do proxecto.
Desde a xestión burocrática á limpeza, desde a comunicación ao financiamento, da educación á Infraestructuras, e moito máis, organizan os diferentes aspectos que son precisos para soster o Cárcere.
Podes saber máis no apartado deste blog Vida do Cárcere
Experiencia non é necesaria, só moito ánimo e boa disposición.
Para ser moradora envía email a proxectocarcere@gmail.com