Asamblea de Marzo : venres 8 de Marzo ás 20h

O próximo venres 8 de Marzo ás 20h terá lugar a Asamblea da Plataforma Proxecto Cárcere (lugar a concretar)

As asambleas son abertas a todas áquelas persoas e colectivos afins aos obxectivos da Plataforma.

Proposta orde do día Asamblea Marzo

1. Dossier/Plan de viabilidade (30 minutos)
Exposición das partes do dossier elaboradas por cada gdt (Xestión, Comunicación, Proxectos e Infrastruturas)
(Isto teria que estar subido na WIKI e accesível a todas e todos para ser lido antes da Asamblea)

2. Acción “Brigada de Limpeza” (10 minutos)
Definir data e coordinación da acción.

3. Actuable (10 minutos)
Obxectivos – Texto – divulgación

(descanso – 5 minutos)

4. Festa de Primavera (10 minutos)
Obxectivos, coordinación, data.
Solicitude do cárcere ao SEIP.??

4. GDTs (30 minutos)
– Comunicación :
– Infraestruturas:
– Xestión:
– Proxectos :

5. Financiamento Proxecto Cárcere (parte I) (20 minutos)
– Debate sobre diferentes modelos (cotas, subvencións, venda camisolas, eventos…outras propostas)

6. Proposta-financiamento Escolas.obradoiro (10 minutos)

7. Varios

Proxecto Cárcere no Arredor Radiofusión

A compañeira Roci Fraga participou no programa Arredor Radiofusión explicando polo miudo o traballo feito pola Plataforma Proxecto Cárcere durante este primeiro ano de existencia. Roci comentou sobre a responsabilidade do Concello da Coruña e o Ministerio de Interior con respecto ao estado de deterioro e abandono do cárcere, así como da actividade da Plataforma que se vai constituir legalmente como asociacion para poder ter acceso aos diversos procesos burocráticos cos que se encontra no día a día.

Os diferentes grupos de traballo están a elaborar o Plan de viabilidade do Proxecto que será presentado aos organismos correspondentes para solicitar a cesión do edificio á cidadanía. E para o mes de Maio-Xuño terá lugar a Festa de Primavera aberta á participación de todas as xentes da Coruña onde continuaremos a visibilizar o proxecto e darlle forma entre todas e todos.

Salientouse nesta entrevista con Radiofusión que se o cárcere estivese disponíbel para a cidadanía habería unha programación continúa para moito tempo, xa que ao email de Proxecto Cárcere chegaran xá cando se solicitara colaboración para as Xornadas de Portas Abertas do ano pasado, mais de 95 propostas de actividades sociais, culturais, educativas, artísticas, deportivas e de entretimento xeral. A maior parte destas propostas non poideron ser realizadas por termos apenas 4 días de xornadas, mais se continúan a ter presentes para calquera posibilidade de poder entrar no cárcere e/ou organizar mais eventos similares.

Unha cousa temos moi clara en Proxecto Cárcere, que o potencial da xente e a capacidade para crear e producir acción sociocultural na Coruña é mais que evidente, agora falta saber cal é a capacidade das institucións para facilitar burocraticamente o espazo para que este grande potencial humano se desenvolva.

Podedes escoitar a Roci Fraga neste link http://173.255.131.23/audio/310112FRAGA.mp3

 

Asamblea de Febreiro !!!

Este venres 3 de Febreiro ás 20h no CS Atreu (Travesía de San Xosé, 2) terá lugar a Asamblea Aberta de Proxecto Cárcere.

Como ben sabedes as Asambleas son abertas a todas aquelas persoas e colectivos con interese na recuperación do antigo cárcere provincial da Corunha como centro sociocultural e da memoria.

A orde do día proposta é:

1. Aprobación Estatutos
2. Acción Brigada de Limpeza
3. Dossier – Plan de Viabilidade
4. Festa de Primaveira
5. Información xeral GdTs
6. Varios

Un sáudo e vémonos este venres!!