Todas e todos podemos participar nos Coidados do Espazo e do Proxecto a través do Banco de Tarefas e Recursos.
Podes poñer a disposición do proxecto os teus coñecementos e destrezas na medida do posible para sumar a intelixencia colectiva da comunidade/grupo/proxecto.
Podes facer un retorno ao Cárcere para contribuír no sostemento da súa vida, a través do Banco de tarefas e recursos, de aportacións económicas, etc, dacordo ao teu nível de uso e participación do espazo (económico, social, etc) e ás túas condicións de vida particulares (económicas, sociais, etc).
No panel no Cárcere podes ver a lista de tarefas. Se hai algo que queiras e podas facer fainolo saber ali ou contáctanos no email proxectocarcere@gmail.com e engadirémoste, se o desexas, á lista de Amigas do Cárcere para que recibas información actualizada.