O Cárcere ten un ecosistema de participantes que o habitan tanto internamente “Moradoras” como desde fora “Visitantes”.
Ambas son importantes pois son as que fan que teña Vida.
Aqui mostramos o organigrama cos diferentes xeitos de ser parte do proxecto. Non son caixas estanco pois unha persoa ou colectivo pode identificarse nunha ou varias, e sempre está mudando.
Porén axúdanos a ter unha idea global de como se pode participar e que tarefas e actividades son necesarias.
PÚBLICO- Asisten a actividades e visitan o Cárcere á vontade.
ACTIVIDADE- Propónse unha actividade única, tipo reunión, charla…
AMIGAS TRABALLADORAS – Axudan nas tarefas de coidado do espazo á vontade
MORADORAS XESTIÓN / AUTOXESTIÓN – Organizan os diferentes aspectos da vida do Cárcere. Comunicación, infraestructuras, etc.
MORADORAS PROPOSTAS REGULARES – Utilizan o espazo múltiples veces como parte dun proxecto ou actividade regular.
Todas as persoas, moradoras e visitantes, poden participar nos coidados do espazo, no Banco de Tarefas e Recursos ou nas Asembleas. A súa capacidade de acción e decisión dependerá do nivel de compromiso que teñan.
As Moradoras encargaranse en maior medida da xestión do espazo e do proxecto.
Procúrase que haxa un equilibrio e mobilidade entre flexibilidade e compromiso. Repectando os diferentes momentos e disponibilidade das persoas, ao mesmo tempo que valorando e coidando o compromiso imprescindibel para que o Cárcere como espazo autoxestionado exista.
As vías de entrada que se mostran neste gráfico pretenden facilitar a entrada na Vida do Cárcere.
Para máis información pasar polo Cárcere e preguntar ou escribir a proxectocarcere@gmail.com