Proxecto Cárcere nas Conversas das Culturas

O pasado martes 26 de abril, Proxecto Cárcere participou no ciclo de Conversas das Culturas* do CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC que tivo lugar na cidade de Lugo. As conversas tiñan como eixo debatir ao redor da diversidade das culturas, así como reivindicar a aposta pola ecoloxía do saber.

O título que propuxo Proxecto Cárcere para a súa conversa foi “Afectos e coidados nos proxectos culturais”, onde se reflexionou sobre o proceso emocional das persoas que formaron e forman parte da plataforma ó longo dos 5 anos de percorrido nos que leva traballando, atendendo aos aspectos máis afectivos e emocionais.

Falouse do proceso, do grupo e da súa diversidade, das experiencias persoais, dos coidados internos e externos, dos conflitos e da vida dentro e fóra do colectivo entre outros temas.

* As Conversas das Culturas son coordinadas por Xosé Antonio Neira Cruz no marco de campUSCulturae, proxecto europeo cofinanciado pola Universidade de Santiago de Compostela e pola EACEA Culture Agency e organizadas por Fran Quiroga, coordinador do CulturaLab do Máster en Servicios Culturais da USC.

Deixamosvos a continuación o link da conversa.

Mesa redonda: Arquitectura no cárcere

O pasado martes 26 de Abril presentouse na Casa Museo Casares Quiroga

en A Coruña, a mesa redonda titulada “Arquitectura no cárcere”, dentro

das actividades do blogue memoria co cárcere e organizada pola ARMH

(Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e PC (Proxecto

Cárcere) coa colaboración da ETSA (Escola técnica Superior de Arquitectura)

Participaron no acto, José Lado de Proxecto Cárcere, Xosé Lois Martínez arquitecto ETSA,

Carmen Garcia-Rodeja profesora (ARMH), Jordi Tell e os compañeiros no

seu paso polo cárcere da Coruña, e Gemma Domènech, historiadora da arte ( ICRPC) e

autora do libro, “Jordi Tell arquitecto , a modernidade na Coruña, unha vida apaixoante”

foto cortesía Pedro Iglesias

foto cortesía Pedro Iglesias

A obra de Jordi Tell, a casa Cervigón, supón un dos fitos na modernidade en

Galicia e non seguramente ben valorada. Autores como él mesmo ou José

Caridad Mateo, foron uns exemplos desa arquitectura e dese concepto de

modernidade que foi esmagada pola dictadura.

No cárcere da Coruña había todo tipo de presos entre eles un grupo de

cataláns detidos pola GESTAPO en Berlín e e que chegaron en Abril de 1937:

Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos

Auernheimer e José Luís García Obregón. Diferentes vidas e traxectorias son

testemuñas do sucedido no cárcere.

foto cortesía de Pedro Iglesias

foto cortesía de Pedro Iglesias

Jordi Tell, (1907-1991) Importante arquitecto e notable debuxante tivo una vida

trepidante. En Berlín participa contra o ataque sedicioso da embaixada

española de someterse ó fascismo en Alemania e é entregado a Franco e

trasladado,  xunto co grupo de cataláns,  ao cárcere da Coruña onde contacta

con José Caridad Mateo e onde fai una das obras máis significativas do

movemento racionalista de Galicia: a casa Cervigón de Santa Cristina. Fuxe

con Rogelio Caridad en lancha, despóis de chegar a Barcelona , marcha a

Noruega onde é encargado de negocios da embaixada e participa tamén na

resistencia xunto a un Willy Brandt mozo e entabla moita amizade con Trygve

Lie, o que sería o primeiro secretario xeral da ONU.

O libro “Jordi Tell: un llop solitari” da investigadora Gemma Domenech

Casadevall fai que se recupere a un personaxe cunha vida chea de vivencias a

prol dos valores da República.

Queremos agradecer a Carmen García Rodeja polas súas aportacións e resumo da xornada.

Velaquí algúns enlaces de interese:

Posts no blogue memoria do cárcere:

o-faro- iluminando-a- noite-dos-presos/

unha-sardana- en-prision/

jordi-tell- novellas/

Reportaxe en LA OPINION 23 de Abril

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2016/04/23/catalanes-celda-

Artigo de LA OPINION de Xosé Lois Martínez 25 Abril

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/04/25/obra-dunha- mente-viviu-

Presentación do libro “Carabanchel, el derribo de la vergüenza”

Portada libro (destramado 133)

O xoves, día 12 de maio, presentaremos o libro “Carabanchel, el derribo de la vergüenza”, para o cal contaremos coa presenza do seu autor, Jesús Rodríguez. Esta é unha iniciativa organizada conxuntamente coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. O acto comezará ás 20h e terá lugar no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35, no barrio de Monte Alto). Teremos ocasión tamén de escoitar, como representante da CRMH, a Suso Díaz, quen ademais nos poderá falar dende a súa experiencia no cárcere da Coruña, onde estivo detido por causa do seu labor sindical.

O cárcere de Carabanchel

O impoñente edificio da Prisión Provincial de Madrid comezou a construírse nos inicios do réxime franquista, cando Carabanchel era aínda unha aldea a carón da cidade e non un barrio da mesma. A obra, levada a cabo por presos sometidos a traballos forzados, foi inaugurada no ano 1944. A tipoloxía do corpo principal do complexo penitenciario madrileño era, como o do cárcere da Coruña, de estructura panóptica. Unha enorme cúpula de formigón de máis de 30 metros de diámetro presidía sobre as galerías nas que se amoreaban os reclusos.

Durante os seus case 55 anos de funcionamento, na prisión estiveron encerrados un grande número de presos políticos e nela pasaron as súas derradeiras horas as últimas persoas condenadas a morte e executadas en España, entre elas, o galego Xosé Humberto Baena.

O complexo pecha no ano 1998 e despois duns anos dáse paso ao seu abandono e degradación. Nos anos nos que o cárcere estivo sen función, a veciñanza solicitou reiteradamente que o espazo se empregase para dotar ao barrio dun hospital e outros equipamentos de carácter social, que tanto precisaba, así como conservar alomenos a cúpula como Lugar de Memoria. Pola contra, o Ministerio do Interior procede, unha noite de outubro de 2008, a derrubar os edificios na súa totalidade, malia as protestas veciñais, de colectivos e persoas vinculadas á Memoria Histórica e mesmo do Colexio de Arquitectos de Madrid, que apostaban pola súa rehabilitación. Todo isto escusándose na súa deterioración e nun plan urbanístico que prometía o desexado hospital, dependencias administrativas e centos de vivendas. Case oito anos despois, o solar, de 200.000 metros cadrados, segue baleiro e quen se achega pasea sobre os cascallos arrasados do antigo cárcere. Neste momento o único edificio que continúa en pé, e funcionando, é o hospital penitenciario, agora reconvertido nun novo espazo de represión, o Centro de Internamento de Estranxeiros. A pesar disto, as asociacións veciñais, a plataforma Salvemos Carabanchel ou o colectivo de ex-presxs La Comuna seguen na loita para acadar o peche do CIE e para transformar o lugar nun Centro para a Paz e a Memoria.

Carabanchel, el derribo de la vergüenza

Jesús Rodríguez, integrante de Salvemos Carabanchel e veciño do barrio, accede por primeira vez á cadea tras o seu peche e comeza a documentar en imaxes todas as súas excepcionais dependencias. Ese coñecer o “monstro” por dentro lévao a superar as reticencias iniciais ante a súa fealdade exterior e a súa historia, convencéndose da necesidade da súa conservación. Anos despois do seu inxusto derrubo ese inmenso arquivo, que recolle os últimos tempos do cárcere de Carabanchel, consigue ver a luz nun libro que ademais serve como unha exhaustiva cronoloxía tanto dos movementos políticos que levaron á súa desaparición como do esforzo das xentes que loitaron e continúan a loitar por preservar a memoria do lugar.

Asemblea de maio 2016

A nosa asemblea deste mes terá lugar este xoves,5 de maio, ás 20:30h asemblea__cntno local da Unión Anarcosindicalista (rúa Washington, 36, baixo. Detrás da Domus). Será, coma sempre, aberta atoda aquela persoa que queira asistir.
A orde do día conta con bastantes puntos pero tentaremos tratalos coa maior dilixencia posible. Os temas a falar son os seguintes:
Avaliación do recital de Manuel María.
Avaliación da presentación do libro sobre Jordi Tell.
Avaliación da charla nas Conversas das Culturas.
Avaliación das xornadas de inclusión nas artes escénicas.
Presentación do libro Carabanchel. El derribo de la vergüenza e roteiro da memoria.
Preparación dun plan de entrada.
Participación na mesa redonda de ASF.
Convite de cuac fm para participar no Encontro de verán.
Comunicación interna e extaerna de Proxecto Cárcere.
Seguimento da proposta de reunión coa AVV Monte Alto.
Reunión coa Concellería de Participación.
Varios.