Visita o Cárcere

Podes asistir como público, ás actividades que se realicen nel ou simplemente achegarte cando estexa aberto para pasar un rato ali e coñecer da súa historia e uso actual. O espazo exterior é de uso público en calquera momento.

No Cárcere temos uns acordos básicos que afectan tanto ás persoas visitantes como as moradoras e que son:

  • Promover e respectar os dereitos humanos fundamentais (non machismo, non racismo, non homofobia/transfobia, etc)
  • Non se realizarán actividades de apoio e/ou divulgación de partidos políticos
  • Seguir os protocolos de funcionamento do Cárcere (uso do espazo, entrada no proxecto, etc)
  • Deixar o espazo como se encontra ou melloralo, se for posibel.

O calendario de actividades depende das propostas que vaian chegando polo que é variable. Será anunciada na web e blog e nas redes sociais, e no panel de información no Cárcere.

Achégate ao Cárcere e pregúntanos ou envía email a proxectocarcere@gmail.com para saber máis.

photo_2018-08-04_17-43-39

PROPÓN ACTIVIDADES

COLABORA E APOIA O CÁRCERE

XESTIONA O CÁRCERE