Participa no Cárcere!

Coa entrada no cárcere o pasado 7 de Xuño de 2018 ábrese unha nova etapa na que ti es imprescindíbel.

Neste proxecto o contedor, o Cárcere é moi importante, pois é un lugar que queremos preservar para a cidade da Coruña, polo seu valor arquitectónico e histórico.

Pero igualmente importante son os contidos que queremos sexan xerados pola propia cidadanía, sendo ela a que decida que facer e sexa protagonista do proceso de facelo.

Neste momento está cedida a dinamización sociocomunitaria da nave de entrada, aproximadamente 200 m2, á Asociación Cultural Proxecto Cárcere que vai realizar esta labor en base aos seguintes principios:

  • Auto-xestión cidadá. Será a cidadanía quen xestionará a vida do cárcere. Tomando decisións e accións para o bó desenvolvemento do proxecto común.
  • Actividade dacordo á necesidade. Os contidos e actividades que se realicen serán propostas e executadas por iniciativa das persoas interesadas.
  • Rehabilitación e uso por e para a cidadanía do total do cárcere. Compromiso e acción cara a recuperación deste emblemático edificio para todas e todos.
  • Recuperación da Memoria Histórica das persoas presas no Cárcere e do seu entorno persoal e político.

Porén será só cunha cidadanía activa que se apropie deste espazo e o encha de usos e actividade que esta proposta nacida hai 7 anos terá sentido.

Toda a actividade tanto interna como externa está aberta áquelas persoas con interés e que compartan os principios e desexos deste proxecto.

Participa!

 

hands 2

VISITA O CÁRCERE

PROPÓN ACTIVIDADES

COLABORA E APOIO O CÁRCERE

XESTIONA O CÁRCERE

 

 

 

 

 

 

5 opinións sobre “Participa no Cárcere!

  1. Hola! pareceme un proxecto moi interesante, ando moi falta de tempo para involucrarme máis activamente, pero ofrezome para facer performances sóa ou acompañada cando necesitedes. As miñas creacións movense entre a danza e o teatro. Saúdos

    Gústame

    • Moitas grazas Uxía,
      incluímoste na lista de artistas e te contactaremos tan pronto organizemos algo. Probabelmente nos próximos meses, pois estamos a terminar o Plan de viabilidade e con seguridade organizemos unhas xornadas socioculturais para visibilizar o proxecto.
      estamos en contacto saudiños 🙂

      Gústame

  2. Pingback: Pojecto Cárcere | Roxín Roxal. Asociación Cultural Libre de Paderne.

  3. Boas noites!
    Estame a parecer un gran proxecto e estou interesado en unirme.
    Como podo facer para colaborar no apartado “Participar e Divulgar as accións de Proxecto Cárcere”?
    Moitas grazas!

    Gústame

    • Ola aberto, e moitas grazas pola túa mensaxe.
      Pois para participar e divulgar o proxecto, só tens que ser incluido na nosa lista da Asamblea, ahi recibirás as convocatorias de reunións e a info mais actualizada. O teu nome aparecerá na lista de Quen somos? e bon, tamén poderás re-enviar info aos teus contactos.
      Agora estamos a terminar o plan de viabilidade, que esperamos poder abrir a debate coa cidadanía para finais de xuño, inicios de xullo, polo que se queres participar no grupo que se vai a formar para organizar este tema, estaria estupendo.
      Xa nos dis, no email proxectocarcere@gmail.com
      saudiños e ate xá 😉

      Gústame

Os comentarios están pechados.