Asemblea de Xuño 2014

Proxecto Cárcere convoca a súa asemblea mensual. Farase este xoves, día 26, ás 20:30 horas. Estaremos na Casa da Fariña (Azcárraga, 6) e de facer bo tempo sairemos á praza.
Esta é a orde do día:
1. SOPA – 10 minutos
2. Reunións (cidadanía crítica, proxecto integral, mercado social) – 10 minutos
3. Avaliación Coruña Baleira/Montenoso/Xornada de autoxestión – 30 minutos
4. Jail Art – 10 minutos
5. Proposta para participar no Summerlab – 5 minutos
6. Mercadiño Bairro das Flores 12 de Jullo. – 10 minutos
7. Financiamento – 5 minutos
8. Varios – 10 minutos
Vémonos!

Acto presentación Coruña Baleira…E ti que farías aquí? (Venres 20) + Xornada de Xestión Cidadá (Sábado 21)

Cantos espazos baleiros existen na nosa cidade? Cantas persoas precisan dun espazo para iniciar unha actividade profesional, social, cultural, ou simplemente para vivir?

En base a estas preguntas a plataforma cidadá Proxecto Cárcere abriu a convocatória fotográfica “Coruña Baleira” na que xa se presentaron mais de 30 espazos en desuso da nosa cidade. Recorda que aínda podes enviar as túas imaxes ata o 13 de xuño.

Queremos abrir pois o debate sobre os espazos non utilizados das nosas cidades, e como ocurre no caso do cárcere da Torre, as posibilidades de participación cidadá que poderían ser acollidas neles. Pero que impide que isto suceda? Por qué hai tantos espazos baleiros sen ser utilizados? Qué podemos e/ou qué queremos facer desde a cidadanía?

Tentaremos dar cabida a estas cuestións con tres actividades que terán lugar o venres 20 e sábado 21 de Xuño, e as que esperamos podades asistir.

  • O venres 20 de Xuño ás 19h30 na Casa Tomada (Estación de Ferrocarrís) presentaremos as imaxes enviadas á convocatoria fotográfica “Coruña Baleira” e abriremos o debate sobre o por que de tantos espazos en desuso na nosa cidade e os retos e oportunidades da cidadanía para rehabilitalos e darlles unha nova vida. Proxectarase a curta-documental “Unha histora de redeiras e grúas” sobre a especulación imobiliaria no barrio de Atochas-Montealto e contaremos coa presenza dalgunha das súas creadoras así como dunha persoa representante da Casa Tomada, espacio autoxestionado na estación de ferrocarís da Coruña e do arquitecto Xose Lois Martinez
  • O Sábado 21 de 11 a 13h, Fran Quiroga do proxecto Montenoso (montenoso.net) en colaboración coa rede GZimaxinaria do convídanos ao obradoiro “Ficción: o cárcere en mancomún” un obradoiro prático sobre as posibilidades da xestión comunal dos montes na Galiza aplicada a un proxecto/espazo sociocultural como por exemplo Proxecto Cárcere. Se o tempo o permite realizaremos o obradoiro nas proximidades do antigo cárcere da Torre. Se chove estaremos no espazo “La Linterna”
  • O Sábado 21 pola tarde de 17h30 a 19h30h no espazo “La Linterna” (Rúa do Faro, 42, baixo) terá lugar o “I Encontro de Iniciativas de Autoxestión Cidadá” no que poderán participar todas as persoas e colectivos interesados. O obxectivo deste encontro é coñecer a iniciativas da cidade e do resto da Galiza que teñan como foco a xestión e participación cidadá. Compartiremos experiencias sobre as motivacións da escolla dun modelo de organización autónomo e de posibeis estratexias para encarar as barreiras e fallas de comunicación coas administracións e entes privados cos que temos de lidar no día a día.

Para calquera dúbida podédesnos contactar en proxectocarcere@gmail.com