Atención! No cárcere estamos en obras!

Este Domingo 27 de Abril ás 12:00 comezamos as obras na antiga prisión provincial da Coruña.

Trae o teu casco ou chaleco de obras e axúdanos a indicar o estado de obras no seu contorno.

O antigo cárcere é xa mais do que un edificio, un inmoble, unha estrutura de pedra e cemento, O cárcere somos tamén nós, as e os que soñamos a través dela que unha sociedade participativa e activa na construcción da súa propia historia é posibel..

Desde Proxecto Cárcere convidámosvos a estar connosco nesta actividade na que faremos un acto simbólico de proteción do edificio e reivindicación da súa utilización como espazo público e de participación cidadá.

Aproveitaremos para anunciar interesantes actividades das que a Plataforma vai participar nos meses de Maio e Xuño.

NÓS SI ESTAMOS EN OBRAS!

Asembleia de Abril de Proxecto Cárcere

25 de Abril, A Revolução dos Cravos.

A próxima asemblea de Proxecto Cárcere terá lugar o luns 21, ás 20:15 en primeira convocatoria, e 20:30 a segunda. Estaremos na sede da asociación Alexandre Bóveda (R/ Olmos, 16-18 1º). A orde do día é a seguinte:

Información e toma de decisións (1h30m)
  1. Avaliación de actividades.
  2. Jail Art
  3. Montenoso
    Info e proposta xornada interna/externa.
  4. Loxística para o Encontro da Red Transibérica.
  5. Proposta María da UFA
    Encontro con profesorado internacional de construción.
  6. Acción do 27 de abril
  7. Varios
Debate aberto (30m)
O futuro do cárcere. O futuro de Proxecto Cárcere 

Esperámoste!