Asemblea de setembro 2013 – Inicio do curso para Proxecto Cárcere

Proxecto Cárcere volta, por fin, das vacacións de verán e este mes de setembro teremos asemblea xeral de novo. Como sempre, está aberta a quen queira asistir. A data é o xoves 26, ás 20.30h, na Casa da Fariña (Azcárraga 1).

 

A orde do día é como sigue:

1. Aprobación da acta de xullo.

2. Grupos de traballo (Estado de contas)

3. Valoración do Arquitecturas Colectivas

4. Valoración do encontro na UFA Fabrik

5. Participación na Casa Tomada

6. Documental de Espacio Tangente

7. Jail Art

8. Plans de futuro

9. Varios

Esperamos vervos alí!

Saúdos, 🙂

 

29 de xuño de 2013

Video lembranza do acontecido o 29 de xuño de 2013 na contorna do cárcere coa exposición do Jail Art, a leitura do manfiesto S.O.S. Cárcere da Torre e a colaboración de Polo, Clara, Belén, Carlota, Helena, Marcos Casás, Manuel Rivas, Raúl Reguera, Manoel Bonabal, Grupo Surrealista Galego, Rubén Artabe e Ibou e Miki Nervio & The bluesmakers.
Gracias a todas as persoas que asistiron e tamén ás máis de 2000 que asinaron o manifesto.

Proxecto Cárcere 29 de xuño de 2013 from Proxecto Cárcere on Vimeo.

 

Proxecto Cárcere no II Foro Internacional da ufaFabrik de Berlín: Estratexias creativas de sostenibilidade

Lydia Ramos compañeira de Proxecto Cárcere foi seleccionada para participar no II Foro Internacional: Estratexias creativas de sostenibilidade que terá lugar do 9 ao 11 de setembro na ufaFabrik de Berlín.

Esta será unha oportunidade única para a reflexión, debate e descobrimento de exemplos prácticos a funcionar na actualidade. Durante seis días completos desenvolveranse actividades que inclúen: obradoiros, presentacións, visitas a proxectos sostibles en Berlín, introdución a construcción con balas de palla, expresión artística, interacción social e moito mais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este seminario é organizado dentro do proxecto de Engine Room Europe da rede europea Trans Europe Halles polo proxecto alemán ufaFabrik de Berlín.

Mais info:

ufaFabrik – Centro cultural internacional ufaFabrik

Trans Europe Halles www.teh.net