PROXECTO CÁRCERE, UN CÁRCERE PARA A CIDADANÍA
Qué é o Plan de Viabilidade?
O Plan de Viabilidade é o traballo de moitas persoas que en diferentes momentos aportaron a súa experiencia, visión, tempo e enerxías para lle dar forma a un proxecto colectivo para o cárcere da Torre.
Foron recollidas numerosas propostas de cidadás e cidadáns da Coruña e contorno que quiseron dar a súa opinión e presentar iniciativas para a prisión. Estas foron compiladas no Plan de Viabilidade que inclúe os seguintes apartados:
- Proxecto Cárcere como unha ferramenta de articulación das necesidades e propostas da cidadanía da Coruña para o edificio do antigo cárcere da Torre, na actualidade en desuso. Explícanse os diferentes momentos do proceso, o carácter reivindicativo e de participación cidadá desta iniciativa, a relación coas administracións e as sinerxias creadas con outros proxectos similares galegos e de fora da Galiza.
- Propostas de rehabilitación e usos axeitados dos espazos dacordo coa súa morfoloxía, onde se inclúe un estudo exhaustivo e profesional do estado do cárcere a nivel arquitectónico, patrimonial e urbanístico no contexto da cidade da Coruña. Apóstase por manter a estrutura orixinal do edificio e iniciar un proceso gradual de restauración e mantemento do mesmo baseado en principios de adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo.
- O Cárcere como un espazo de encontro, coñecimento e participación cidadá, con propostas sociais, artísticas, culturais e turísticas, como poden ser hortas urbás, pistas deportivas, viveiro das artes, formación cidadá en cultura participativa, bioconstrucción, feminismo…garderías e escolas infantís, cafés e mercadiños, biblioteca de libros libres, locais para actividades puntuais (ensaio, obradoiros, concertos, reunións…), Albergue xuvenil, centro interpretación da Torre de Hércules, vivendas sociais e/ou observatorio arquitectónico do cárcere.
- Explóranse diferentes modelos de Xestión e Financiamento, tomando como referencia outros espazos públicos noutras partes do mundo rehabilitados como centros socioculturais, o que nos fixo considerar “ecosistemas” de xestión, viabilidade a medio e longo prazo, sistemas de organización participativa e un financiamento sostible e sustentabel, considerando diferentes fontes de ingresos.
O Plan de Viabilidade é un documento vivo, aberto a debate e á entrada de novas propostas e a negociacións que faciliten a recuperación do cárcere e o seu uso por parte da cidadanía coruñesa.
Podes descargar o documento completo do Plan de Viabilidade Proxecto Cárcere aqui
Boas tardes.
Tiven ocasión de visitalo carcere nos anos 80 cun grupo de teatro, e xa nesa epoca pensaba nas posibilidades que ten ese gran edificio. Como ben me comentou Antonio Galán “Tono”, a ubicación é moi apropiada para instalar mini eólicos de eixo vertical que permitirían a autosuficiencia enerxética e encaixarían na estética. Pola nosa parte, poden contar connosco para mais información neste eido, por exemplo se tivesen que presentar algún proxecto de recuperación, ou algo semellante. Saúde.
Carlos
GústameGústame
Moitas Gracias, Carlos Otero “Pacha”!
Estamos en contacto.
Apertas e Bicos.
GústameGústame
Pingback: Día Internacional dos Monumentos e Sitios da Unesco | Proxecto Cárcere
Pingback: Renegociación do convenio de cesión do cárcere da Torre | Proxecto Cárcere
Pingback: Entrega de 2.400 sinaturas en apoio ao manifesto S.O.S. Cárcere da Torre | Proxecto Cárcere