Organización por tarefas

ORGANIZACIÓN DO TRABALLO POR TAREFAS

Para organizar o traballo temos en conta en primeira instancia as tarefas que precisamos facer e se estas deben ser asumidas polas comisións e/ou por grupos de persoas interesadas e disponibeis nese momento

organizacionpc

COMISIÓNS: Decisións tácticas e operativas

As comisións son entidades básicas para canalizar o bo funcionamento do proxecto. Están constituídas por grupos de persoas, que asumen tarefas específicas. Son nomeadas perante Asemblea Xeral.

No Cárcere Identificamos as seguintes, das que non todas están activas:

  • Coidados e Convivencia
  • Comunicación
  • Financiamento
  • Xurídico-Xestión
  • Infraestructuras e Habitabilidade
  • Proxectos
  • Escola Cidadá
  • Memoria Histórica
  • Reunións co Concello

Non precisan de ter unha actividade permanente e intensa ao longo do ano, senon que se activan ou desactivan dacordo ás necesidades do proxecto nas súas diferentes etapas vitais. Poden ter tarefas fixas e variabeis

GRUPOS DE TRABALLO

Serían eses grupos que se conformarían para realizar unha tarefa específica surxida da necesidade temporal do proxecto.

Serían autónomos compartindo información e necesidades nas Asembleas semanais

  • Tomarían decisións operativas para desenvolver a súa tarefa
  • Durarían o que dura a tarefa a desenvolver

TAREFAS REGULARES (en construcción)

Son as tarefas que precisan facerse regularmente (cada día, semana, mes, etc). Non son opcionais e deben ser asumidas en primeira estancia pola moradoras do Cárcere (Xestión e Propostas). Poden colaborar Amigas Traballadoras ou outras persoas de forma optativa.

  • Limpeza e mantemento xeral do espazo. Lixo, regar prantas, varrer, etc.
  • Horarios apertura e feche. Encargarse das chaves nos días de actividade.
  • Convocatorias Asembleas. Moderación. Toma de acordos e actas.
  • Porta de entrada. Acollemento e información das visitantes.

ASEMBLEA

BANCO DE TAREFAS E RECURSOS

ESTRUCTURA