Asembleas

asemblea draw

O sistema organizativo do Cárcere está basado nos valores da mancomunidade onde a gobernanza lexítima do proxecto recae sobre a Asemblea Xeral.

A Asemblea está constituída por todas as persoas e colectivos moradoras no Cárcere tanto na organización como en proxectos.

Reúnese en Asembleas Xerais, unha vez ao mes (progresivamente serán mais espaciadas), onde se toman as decisións estratéxicas e complexas; e en Asembleas Operativas, semanalmente, onde se toman decisións organizativas e operativas.

Todas as persoas e colectivos que o desexen poden asistir ás Asembleas do Cárcere.

Nas Asembleas operativas as persoas non-moradoras poden facer propostas, se as van realizar elas, e/ou unirse a propostas de moradoras, dacordo ao criterio da Asemblea.

Nas Asembleas Xerais as persoas non-moradoras terán un tempo reservado para expresarse e dar a súa opinión. Porén non poderán participar na toma de decisións final pois precísase unha formación mínima no sistema de Consenso e compromiso. Si poderán unirse a propostas feitas por moradoras ao criterio da Asemblea e as persoas moradoras responsabeis.

Todas as persoas poden ser moradoras do Cárcere. Require dun proceso de entrada e acollemento para garantir o ben estar de todas. Se queres saber máis escrebe a proxectocarcere@gmail.com

As Asembleas de Traballo son os mércores e xoves alternados ás 20:00.

As Asembleas Xerais son o último mércores/xoves do mes ás 20:00.

No facebook recordarase cada semana o día que toca Asemblea.

 

“A asistencia á Asemblea é moi importante de cara a coñecer os procesos e as decisións que alí se toman. O compromiso de participación implica a asistencia da maior parte posible das participantes activas.”

BANCO DE TAREFAS E RECURSOS

ESTRUCTURA

ORGANIZACIÓN POR TAREFAS