Xa están aquí!
Estades todos e todas convidados a participar.
Da Plataforma Proxecto Cárcere convidámosvos a participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de Xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de Xuño ás 18h30.
Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construcción da nosa comunidade.
As xornadas son un paso mais nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidimos constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara a recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensamos as xornadas como unha oportunidade de debatir e reflexionar sobre a construcción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin teremos debates abertos á participación de tódalas persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestion e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construcción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.
Alén da programación de actividades (programa disponibel en breve) tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É . Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografia, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19h15 despois da leitura do manifesto da Plataforma Proxecto Cárcere.
ACTIVIDADES PERMANENTES
Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas
Ordenador con web cam para “fichar ao público e participantes” (foto de frente e perfil)
Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.
Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos
Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún
pincho.
Radio: Cuac FM
Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo
Moito bem, aínda que hai moito que trabalhar nese programa.Espero que a xente se comprometa a fondo.Saúdos
GústameGústame
Pingback: Programación Jornadas de Puertas Abiertas [Proxecto Cárcere] | veredes
Pingback: Jornadas de portas abertas no antigo cárcere da Corunha
onde se pode consultar o programa coas actividades? es que desta acabo mal da testa de tanto darlle na súa procura
GústameGústame
Por fin o publicamos, o podes ver no blogue, e iremos actualizando a xente confirmada nos debates. grazas polo interese
GústameGústame
Ola,
Cal é o horario de apertura nos 3 días?
Un saúdo e grazas por estas xornadas.
GústameGústame
Xa temos o programa publicado. Entre hoxe e mañá iremos tamén publicando a xente participante nos debates. Saúdos e grazas polo interese. Vémonos nas xornadas!
GústameGústame