Crónica do Ens Toca!…Tócanos!

Os días 13, 14 e 15 de xuño tivo lugar en Barcelona un encontro internacional de espazos culturais independentes, ó que a plataforma coruñesa Proxecto Cárcere foi convidada.

Baixo o nome Ens Toca! (Tócanos!, en referencia a necesaria implicación da sociedade para a activación de propostas culturais transformadoras), a súa finalidade era intercambiar experiencias e afondar na idea da cultura como ferramenta de recuperación da esfera do público. Estivo organizada polo colectivo Ateneu Santboiá en colaboración coa rede europea de espazos culturais Trans Europe Halles, e contou coa participación de xestores, espazos independentes e redes estatais e internacionais do ámbito da cultura.

Foron moitas as temáticas tratadas, ben a través de exposicións e charlas ou ben de mesas de debate: cultura independente, modelos de xestión e financiamento, participación cidadá, redes de apoio, espazo público, etc.

A asistencia de Proxecto Cárcere a eventos coma este supón unha oportunidade para a plataforma de expoñer e contrastar a súa iniciativa, á vez que de aprender doutras experiencias consolidadas ou cunha maior traxectoria. Modelos culturais baseados na participación cidadá e na xestión comunitaria como aquel polo que avoga Proxecto Cárcere para  o espazo da antiga prisión da Torre, son unha realidade dende hai anos en moitos lugares do continente europeo e mesmo do estado español. Así, manter un contacto directo con estes procesos constitúe un reforzo e un apoio para seguir adiante no desenvolvemento da iniciativa cidadá coruñesa, coa convicción de que outros xeitos de facer cultura e cidade non só son desexables senón posibles.

Resaltar que o interese espertado nas xornadas pola presentación de Proxecto Cárcere foi máximo, cunha moi boa acollida da súa proposta, motivada tanto polo simbolismo e potencial do edificio do cárcere, como polos obxectivos, formulacións e traxectoria da iniciativa.

Patxi Sánchez de Proxecto Cárcere

“JailArt, arte polo cárcere” o sábado 29 de xuño no contorno do Cárcere da Torre

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O sábado, 29 de xuño a partir das 12h30 terá lugar a inauguracion do “Jail Art, arte polo cárcere” ao que estades todas e todos convidados.

O JailArt é unha convocatoria internacional onde teñen participado artistas de todos os cantos do mundo inspirándose na temática do cárcere. Mais de 250 obras de arte postal enviadas a traves do correo ordinario e nalgúns casos do email conforman esta exposición que será mostrada en frente do edificio que a inspirou e que despois irá rotando por diferentes espazos da cidade.

O lamentabel estado do antigo cárcere propiciou a campaña de recollida de sinaturas “Manifesto S.O.S. Cárcere da Torre” para demandar ás autoridades locais e estatais o seu urxente coidado e negociación coa cidadanía sobre a tranformación do mesmo en Centro Sociocultural e da Memoria. Tendo recollido aproximadamente 1700 sinaturas e o apoio de numerosos colectivos, e persoas públicas entre as que se encontran Manolo Rivas ou Rosa Montero. As sinaturas e apoios serán entregados ao Concello da Coruña e ao SEIP a finais do mes de xuño.

Como leva sendo habitual neste mes e dende hai dous anos xa nos que celebraramos as Xornadas de Portas Abertas durante 4 días dentro do cárcere, tamén contaremos cun espazo aberto de creación onde poderán colaborar persoas a nivel individual e colectivo con propostas artísticas, musicais, teatrais, xogos…

Contamos con todas e todos para dar un pasiño mais nos nosos obxectivos, unha vez mais, no tempo das cereixas…

PROGRAMA

12h30 : Inauguración da exposición do JailArt con Carlos Botana

13h00 : Leitura do manifesto S.O.S. Cárcere da Torre

14h00 : Xantar autoxestionado. Trae algo de comer para compartir. Proxecto cárcere terá un pequeno bar para as bebidas.

Espazo de creación aberto e autoxestionado. Durante todo o día poderás disfrutar ou ofrecer actividades musicais, teatrais, artisticas….o que desees. Só tes que enviar email a proxectocarcere@gmail.com indicando actividade á Laura Sánchez.

Se queres axudarnos a divulgar, re-envia este cartaz e evento ás túas amizades e/ou imprime unha copia para deixar por locais da cidade.

entre todas e todos, podemos facer deste soño unha realidade!!!!

Renegociación do convenio de cesión do cárcere da Torre

Recibimos con interese esta nova da renegociación do convenio de cesión do antigo cárcere da Torre e agradecemos a mencións dos diferentes grupos parlamentarios ao Proxecto Cárcere.

Nós continuamos a recoller propostas, crear alternativas e divulgar entre a cidadanía o potencial deste espazo histórico da nosa cidade.

“Explóranse diferentes modelos de Xestión e Financiamento, tomando como referencia outros espazos públicos noutras partes do mundo rehabilitados como centros socioculturais, o que nos fixo considerar “ecosistemas” de xestión, viabilidade a medio e longo prazo, sistemas de organización participativa e un financiamento sostible e sustentabel, considerando diferentes fontes de ingresos.”
fragmento do Plan de Viabilidade de Proxecto Cárcere

Artigo recollido de “La Voz de Galicia” a xoves, 6 de xuño 2013

A Coruña

Luz verde al gobierno local para renegociar el convenio de cesión de la antigua cárcel provincial

La moción del PP recibe el apoyo de la oposición

A Coruña  06 de junio de 2013 12:00
2 votos

El pleno dio luz verde al gobierno local para renegociar con Instituciones Penitenciarias el convenio firmado en el 2005 para la cesión de los terrenos que ocupa la antigua cárcel provincial. La teniente de alcalde de Administración, Rosa Gallego, defendió la necesidad de revocar el acuerdo vigente para esquivar el pago de 1,22 millones previsto que se aceptó tras pactar una permuta de dos parcelas. «No han tenido reparo por volver a pagar por lo que ya era de la ciudad», censuró Gallego, que coincidió parcialmente en su argumentación con el portavoz del BNG, Xosé Manuel Carril, que dijo que del acuerdo era gravoso para la ciudad, «como todos os asinados por Paco Vázquez». En ese sentido, explicó que el gobierno local podría haber reclamado en los juzgados la reversión de la parcela en el 2009, cuando dejó de albergar servicios penitenciarios.

Por su parte, tanto EU como PSOE criticaron que el PP lleve a pleno una moción para instar un acuerdo que puede adoptar directamente negociando con el Gobierno central, del mismo color político, y reclamaron la participación de Proxecto Cárcere en la concepción de los nuevos usos del inmueble, argumentando que la ciudad necesita espacios culturales autogestionados, como defendió la socialista Silvia Longueira.

En la votación final, los cuatro grupos apoyaron la moción.