A Vida do Cárcere

“As persoas participantes aceptarán uns compromisos esenciais orientados ó correcto e pacífico funcionamento do proxecto. Estes compromisos consistirán entre outros: na autoxestión, a colaboración nas actividades xerais, o coidado dos espazos e persoas, a participación na asemblea e grupos de traballo.”

QUE É A VIDA DO CÁRCERE?

Na vida do cárcere contribúen tanto persoas e colectividades que fan traballo interno, moradoras, como persoas e colectividades que se achegan ao espazo e participan ou propoñen actividades externas, visitantes.

Porén, son as moradoras, as persoas que se comprometen a habitar e coidar o espazo de forma regular e continuada, as que manteñen o lume aceso e a casa quente e en funcionamento.

Soster a vida do cárcere é contribuír nas tarefas e responsabilidades do día a día que permiten esta  “Casa Aberta con Fume”. Para isto contamos cun sistema organizativo que procura ter en conta a flexibilidade deste proxecto, en que moradoras entran e saen e se relacionan de forma habitual coas visitantes organicamente, e o  compromiso necesario para un funcionamento correcto e coidado das persoas e dos obxectivos e filosofía do proxecto.

ESTRUCTURA

ORGANIZACIÓN POR TAREFAS

ASEMBLEA

BANCO DE TAREFAS E RECURSOS