Asemblea de Marzo

 

 

 

 

A asemblea do mes de Marzo da plataforma terá lugar o vindeiro luns, día 17,  de 20:30h/20:45h a 22:30h/22:45h, no Bar O Alfaiate (rúa San Xoan, 7)

A orde da día é a seguinte:

Información e toma de decisión

  1. Avaliación do Jail Art e próximo lugar de exposición. (10 min)
  2. Red Transibérica. Loxística. (30 min)
  3. Coruña Baleira. (10 min)
  4. Mercadiño no Barrio das Flores. Domingo 6 de Abril. (15 min)
  5. Accións a curto prazo. (15 min)
  6. Varios (10 min)

Debate aberto (30 min)

  1. O futuro de Proxecto Cárcere. O futuro do cárcere.
  2. Posibilidade de solicitar subvencións.

Podes atopar a acta correspondente á asemblea de Febreiro nesta ligazón: Acta Febreiro 2014

Esperámoste!

Aberta a convocatoria fotográfica “Coruña Baleira”

Cantos espazos baleiros existen na nosa cidade? Cantas persoas precisan dun espazo para iniciar unha actividade profesional, social, cultural, ou simplemente para vivir?
A Plataforma cidadá Proxecto Cárcere abre a convocatoria fotográfica “Coruña Baleira” ata o 13 de Maio para visibilizar os espazos, que como o antigo cárcere da Torre, están en desuso na nosa cidade. As imaxes recibidas serán expostas no blog e redes sociais de Proxecto Cárcere e unha vez remate a convocatoria serán utilizadas en accións reivindicativas organizadas pola Plataforma.
Para mais infomación  visita Coruña Baleira e/ou envía email a proxectocarcere@gmail.com

Inauguración do Jail Art no Mentireiro

A continuar coa viaxe do Jail Art pola Coruña chegamos ao bar O Mentireiro, onde vos convidamos a un acto o Sábado 8 de Marzo, no que se falará sobre Proxecto Cárcere e os novos pasos a dar daqui ao verán, sobre o mail art ou arte postal, creatividade xenerosa popular que encherá as paredes do Mentireiro durante este mes, e onde se proxectarán os videos das “Xornadas Abertas” que tiveron lugar dentro do cárcere en Xuño do 2011, e da inauguración do Jail Art, xa fora do cárcere, e na que presentamos as 2500 sinaturas do SOS Cárcere da Torre. Contaremos nesta data do 8 de Marzo “Día Internacional das Mulleres” coa performance de Vanessa Rivas e Paco Alvarellos “Vestido de noiva” . E a amenización musical ambiental correrá a cargo de Marcos Casás. Esperamos poder contar convosco.