O cárcere da Torre nos orzamentos de 2012

Proxecto Cárcere envía carta ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, ao que tivemos o prazer de coñecer no pasado Día Internacional da Arquitectura, para pedir a inclusión nos orzamentos do ano 2012 de gastos asignados para o desenvolvemento de actividades sociais e culturais dentro do antigo cárcere provincial da Coruña, así como unha proposta de nos entrevistar para discutir accións conxuntas a curto e longo prazo que afecten ao ben do cárcere da Torre.

Para ler a carta enviada ao alcalde Carlos Negreira visita a nosa wiki http://proxectocarcere.saramaganta.info/index.php?title=Xesti%C3%B3n

Comunicado da Asamblea Amárika de Álava

A Asamblea Amárika denuncia as políticas culturais do actual goberno de Álava que poñen en perigo a existencia de proxectos culturais independentes e co-xestionadosde como o que levan realizando nos últimos catro anos.

Asamblea Amárika é un colectivo de artistas, creadorxs, persoas relacionadas social e/ou laboralmente coa arte e a cultura, aberto e plural no que poden participar os axentes locais vinculados ás prácticas culturais contemporáneas. .                                                                                                                                                                    

Podes leer o comunicado de Amárika en http://www.amarika.org/

O video das Xornadas de Proxecto Cárcere no CINEMAD

O video das Xornadas de Proxecto Cárcere, realizado por Tono Gálan, foi seleccionado como finalista na categoría de videocreación no “XII Concurso Internacional de Cortometrajes Escuela CEV”.

A nosa curtametraxe será proxectada no “Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia” o martes 22 de Novembro como parte do CINEMAD’11, festival de cine independiente e de culto que terá lugar en Madrid do 18 ao 26 de Novembro.

Mais información aqui http://www.cinemad.org/11/html/concursos_ref.html