Dende a Plataforma Proxecto Cárcere estamos a pensar nunhas xornadas e portas abertas a tódola cidadadanía da Coruña no antigo cárcere da Torre con actividades de calquera tipo (musical, teatral, artística, etc, etc.).
PLATAFORMA PROXECTO CÁRCERE creouse a finais do ano 2010 pola inquedanza de persoas e colectivos cidadáns co fin de recuperar o espazo do cárcere, representativo de represión nun espazo de convivencia, libre e aberto onde priman os usos social, cultural, educativo, lúdico e a participación cidadá.
Non somos un grupo pechado, estamos abertos á vosa participación.
O noso funcionamento é de asamblea aberta.
Agardamos as vosas propostas e convidámosvos a participar en todas elas.
Moitisimas grazas pola vosa colaboración.
Me gustaría poder disfrutar de espectáculos musicales y lírico musicales al estilo de los de Drexler/Pimienta que se están haciendo por Madrid, o invitarlos a participar: http://www.youtube.com/watch?v=l9bAPoD6fEU
GústameGústame
Ola!
Quixera solicitar información sobre as xornadas. Chegoume información sobre a reducción destas xornadas, e a posibilidade de que se faga só durante unha fin de semana. Unha compañeira (Gema) mais eu mandámos xa unha proposta de actividade, “corposignhos” (linguaxe de signos i expresión corporal). A min gustariame tamén realizar unha performance, pero non sei se ainda estou a tempo, nin de como están as cousiñas.
Moitas gracias.
Unha aperta
Lía P.
GústameGústame
En su Historia de la Fealdad, Introducción, habla Umberto Eco de los rasgos en común del placer estético, el terror sagrado o hilaridad. Recomiendo visitar la cárcel, junto a la Torre de Hércules
GústameGústame
O primeiro dia que eu visitei o carcere pensei en 20 xeitos de perder a vida, pareceu un lugar triste, frio, humido, e en especial no tipo de persoas que pasaron por ela. Dias máis tarde cando empezamos a traballar no seu interior estaba cheo de vida, mesturamos vitalidade, alegria, risas, bagoas, emocions, nervios,responsabilidade, e mentres ia dunha actividade noutra sentiame libre, si libre entre rexas. O ser humano e capaz do máis terrible e do máis fermoso, cando recollemos de novo ese lugar retornou a ser un lugar frio, pero para min algo quedou nel dos catro dias nos que todos nos sentimos orgullosos. Grazas a todos os que participamos de esa experiencia, graciñas os máis valentes e tamén os que asomastedes por ali. A todos…longa vida a creatividade e a búsqueda da felicidade e a libertade. Apertas.
GústameGústame