Berger, Coixet, e o cárcere da torre

O día 30 de xuño do ano 2010, celebrouse no cárcere da coruña un recital homenaxe a John Berger, con motivo da exposición “From I to J” de Isabel Coixet.

Fomos testemuña dunha noite máxica inspirada pola obra inmortal deste inspirador escritor e crítico británico, e como non podia ser doutro xeito, deixamos un documento audiovisual para poder ensoñar aquela noite tan especial.

Esperemos que a terra lle sexa leve. Grazas, Mr. Berger.

Memoria do Cárcere da Coruña

MEMORIA DO CÁRCERE

En Proxecto Cárcere entendemos que o vello edificio da prisión provincial de A Coruña encerra unha historia que debe ser coñecida e difundida a toda a cidadanía. Dende o primeiro momento que a plataforma empezou a andar, a memoria do cárcere considerámola unha cuestión ineludible no noso proxecto e tivemos sempre disposición para colaborar con iniciativas que a salientaran. De aí a participación na elaboración e difusión deste traballo colectivo que é o blog: memoriadocarcere.com

Este blog que presentamos o pasado día 03 de decembro na casa museo Casares Quiroga xunto a Dª Carmen García Rodeja representante da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, D. Luis Lamela, historiador, D. Alfredo Suarez neto do último alcalde republicano asesinado en 1936 e o actual alcalde da cidade D. Xulio Ferreiro, é un modesto traballo na divulgación da nosa historia recente que ten como eixe o noso edificio e na sensibilización da cidadanía nestes tristes sucesos dos que todos deberiamos aprender.

Esperemos que se cumplan os obxectivos deste blog e medren as abundantes colaboracións recibidas ata o día de hoxe. Seguro que as mellores páxinas están por escribir.
Proxecto Cárcere.

cropped-cropped-cropped-cropped-cropped-02_antiga92

http://memoriadocarcere.com/

Video coas imaxes do Coruña Baleira

Aqui vos presentamos o video que montou Tono Galán coas imaxes achegadas por vós á convocatoria fotográfica “Coruña Baleira”.

Espazos baleiros e en desuso da nosa cidade e arredores cos que todas e todos nos cruzamos no noso ir e devir diario. E ti, que farías aqui?

Grazas a todas as persoas por participar.

Coruña Baleira from Proxecto Cárcere on Vimeo.

29 de xuño de 2013

Video lembranza do acontecido o 29 de xuño de 2013 na contorna do cárcere coa exposición do Jail Art, a leitura do manfiesto S.O.S. Cárcere da Torre e a colaboración de Polo, Clara, Belén, Carlota, Helena, Marcos Casás, Manuel Rivas, Raúl Reguera, Manoel Bonabal, Grupo Surrealista Galego, Rubén Artabe e Ibou e Miki Nervio & The bluesmakers.
Gracias a todas as persoas que asistiron e tamén ás máis de 2000 que asinaron o manifesto.

Proxecto Cárcere 29 de xuño de 2013 from Proxecto Cárcere on Vimeo.

 

Proxecto Cárcere 28 de xuño de 2012

PC 2862012 from MrEIDANPELIS on Vimeo.

A xornada de presentación do Plan de Viabilidade, no xoves 28 de Xuño, foi a celebración da capacidade de facer propostas e activarse dunha cidadanía coruñesa que demanda sen complexos unha xestión participativa e democrática dos recursos da Coruña.

Foi unha primeira presentación do Plan de Viabilidade, de cómo este se realizou, con que obxectivos e a que conclusións se chegaron nos sucesivos contactos burocráticos coas institucións, no traballo colectivo interno da Plataforma, e coa comunicación coas persoas e colectivos mais afíns ao proxecto así como coa Prensa. Escoitáronse e debatéronse os diferentes camiños a seguir pola Plataforma para conseguir os seus obxectivos e de cómo se pode conseguir chegar á xente para que ésta sinta como seu o proxecto e poda participar mais activamente.

Agora que temos xa unha documento físico coa proposta global das posibilidades do edificio, das capacidades humanas da cidadanía coruñesa e tendo aberto vías sustentabeis e factibeis de xestión e acción, pensamos que é o momento de pasar á seguinte fase do Proxecto Cárcere.

Na asamblea de Xullo fixemos unha valoración de todo este ano e desta xornada en concreto e saíron moitas ideas e propostas para ir pensando e concretizando ata o noso próximo encontro en Setembro. Sabemos que temos un traballo feito que nos lexitima e dá ferramentas potentes para o futuro, mas tamén que as prioridades son agora o achegamento físico ás xentes da cidade, e a claridade de propostas de acción cara ás institucións. Como facer isto e facelo ben é sen dúbida un grande reto de reflexión, aprendizaxe e traballo grupal, mas nesta altura xa descobrimos que este tipo de retos son os que verdadeiramente merecen ser conseguidos.

Queremos agradecer a todas e todos os artistas, colectivos, persoas que participástedes connosco na xornada do 28 de xuño, e ao longo de todo o ano, por permitirnos facer cada día mais desta utopía unha realidade.

GRAZAS!

“A noite de hoxe estame parecendo un soño. Mas non é. É que a realidade é incríbel.”
Clarices Linspector

http://www.flickr.com/apps/slideshow/show.swf?v=109615