Charla sobre Seminario de Cultura Sostíbel en Berlin

O próximo martes 16 de Outubro ás 20h10 o compa Tomi da Cuac FM dará unha charla na AC Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) para compartir o aprendido no seminario “Cultural Strategies of Sustainability” que tivo lugar en Berlin o pasado mes de Setembro.

Despois de escuitalo o outro día na Asamblea de Proxecto Cárcere non seremos nós que nos perdamos mais información e ideais da súa estupenda experiencia.

Grazas Tomi por pensar moito, e pensar no ben común. 🙂

Novos Grupos de Traballo en Proxecto Cárcere! Únete!!!

Na Asamblea de Setembro, entre outras moitas cousas,  decidimos re-organizar os grupos de traballo polo que os antigos de (comunicación, proxectos, infraestruturas e xestión) quedarán inoperativos a partir de esta semana.

As persoas que estavades nalgún dos antigos podedes pasar a un dos novos enviando un email a proxecto cárcere co nome do grupo no que queredes ser incluida/o. E as persoas que  non estavades en ningún pero que agora vos apetecería axudar ao Proxecto Cárcere, tamén podedes adherirvos a través deste email.

O grupo coordinador vai estar agora formado polas persoas activas física e virtualmente no proxecto que así o deseen. Como na pasada Asamblea non estavamos todas/os tamén podes aderirte enviando email a proxecto cárcere.

Os novos grupos son:

– Grupo Sensibilización social e comunicación
– Grupo Economia
– Grupo Investigación Proxectos Similares
– Grupo Busqueda de persoas afins ao Proxecto.
– Grupo temporal programa radio na Cuac FM.
– Grupo de contacto coa Red Transibérica

Recordade que Tomi Legido, da Cuac FM, falará longa e extensamente sobre a súa experiencia no Seminario de Berlin, o martes 16 de Outubro ás 20h15 na Asociación Alexandre Bóveda (Rua Olmos, 16-18, 1º andar)

Un saúdo e benvidas a todas as persoas ao novo ano de Proxecto Cárcere!! 🙂

 

 

 

 

 

 

 

A pensar en global, no ben común…ideas que nos regala Tomi Legido 😉