Hortas comunitarias

IV  Encontro de Troco da Rede Galega de Sementes en Betanzos

O pasado sábado 18 un grupo das hortas comunitarias de Proxecto Cárcere foi ó IV  Encontro de Troco da Rede Galega de Sementes en Betanzos. Esta xuntanza desenvólvese no Matadoiro de Betanzos, lugar moi axeitado nun día no que a chuvia deixouse ver de xeito evidente.

Nós entregamos semente de Cirola vermella (variedade Prunus) procedente da Federación de Asociacións  de Veciñxs da Comunidade de Madrid e de REHMAD (Rede de Hortos urbanos e comunitarios de Madrid).

Recollimos, trocamos semente de Leituga (variedade Peás) autóctona de inverno, Cebola de Rianxo  e Rúcula.

Temos doutra edición procedente das Hortas Urbanas Corunha, Centeo (variedade da Costa da Morte) e algunha semente de Cirola vermella (Prunus).

A experiencia foi moi boa e temos pensado repetir cantas veces sexa necesario, ata o ano que ven!

 

Primeira xornada de traballo

No pasado ano 2016, o concello d’A Coruña convocou un concurso pra a cesión a tres entidades da cidade das hortas urbanas situadas no parque Carlos Casares a carón da antiga prisión provincial. Ecos do Sur, a AVV Atochas Monte Alto e Proxecto Cárcere foron as asociacións que van xestionar as hortas nos vindeiros dous anos.

Despois de varias xuntanzas do grupo de traballo, o pasado sábado 28 de xaneiro comezamos activamente a desenvolver este proxecto apaixonante. Fixemos un acolchado pra evitar que a chuvia comprima a terra na que plantar e sementamos dúas das parcelas con chícharos e allos.

Polo momento imos xuntarnos presencialmente os sábados ás 12:00h nas hortas, esperamos ter boa colleita e partillar moitas ideas.