PRÓXIMA ASAMBLEA SÁBADO 5 DE NOVEMBRO

PRÓXIMA ASAMBLEA SÁBADO 5 DE NOVEMBRO ÁS 10H50 NA ENTRADA DO ANTIGO CÁRCERE

1) Constitución do Grupo Coordinador. ((15 minutos)

2) Valoración accións de Outubro ((15 minutos))

  • Día Internacional da Arquitectura (performance no cárcere e charla no COAG)
  • Charla 15-M Montealto
  • Festival óptica en Xixón

3) Estado dos Grupos de Traballo: Infraestruturas, Xestión, Comunicación e Proxectos, e Radio Cárcere (temporal) ((50 minutos/10 minutos por grupo))

4) Debate: Que facemos co cárcere agora?

O estado do cárcere é preocupante, como temos presenciado nas últimas visitas, polo que comezaron a xurdir propostas e ideas de acción desde a Plataforma Proxecto Cárcere para parar os destrozos e o abandono ao que está a ser sometido. Propoñemos falar sobre este tema, compartir ideas e trocar perspectivas como punto final da Asamblea de Novembro.

Boas vibracións no Festival Internacional Óptica

Imaxe de Tono Galán, representando a Proxecto Cárcere, no Festival Internacional Óptica en Xixón o pasado fin de semán.

O noso compañeiro ficou encantando co recibimento da xente de Óptica e con muitas ideas e perspectivas para aplicar ao proxecto da nosa cidade. Grazas Tono, Grazas Óptica!!

Mais información :

http://networkedblogs.com/oVZ5F

Cartas ao Concello da Coruña e ao Ministerio de Interior

Nestes días temos enviado dúas comunicacións ao Concello da Coruña e ao Ministerio de Interior, Institucións Penitenciarias para informar sobre o estado de deterioro e abandono ao que está sometido o antigo cárcere provincial da Coruña e demandar que ambos organismos tomen as medidas precisas para evitar a progresión dos mesmos.

Copias das cartas enviadas poden ser lidas aqui

Carta Concello da Coruña – http://proxectocarcere.saramaganta.info/images/3/39/Cartaconcello.pdf

Carta Ministerio de Interior, Institucións Penitenciarias – http://proxectocarcere.saramaganta.info/images/0/00/Cartaministerio.pdf

Agradecemento ó COAG

A plataforma cidadá Proxecto Cárcere quere agradecer ó COAG a súa invitación a participar na semana da arquitectura adicada este ano á arquitectura e os dereitos humanos.

A súa mostra de apoio á nosa iniciativa de recuperar o antigo cárcere provincial da Coruña como centro socio-cultural e da memoria histórica é un incentivo máis para continuar traballando neste proxecto que busca crear un novo espazo de encontro e participación cidadá.

Grazas ó COAG pola confianza amosada nesta plataforma e por aunar arquitectura e compromiso social e humano.

Plataforma Proxecto Cárcere

Congreso Óptica este fín de semana en Xixón

Proxecto Cárcere foi convidado ó Congreso Óptica que terá lugar este fin de semana en Xixón. O noso compañeiro Tono Galán participará en representación da Plataforma.

O obxectivo do Congreso é “establecer un foro de diálogo e análise da situación actual a través da creación contemporanea, nalgúns momentos derivando cara aspectos tan importantes como a actual situación social a nivel global. O propio nome do festival denota o concepto: Optica, a posibilidade de por en común diferentes perspectivas visuais e de pensamento da realidade que vivimos”.

Mais información en http://www.opticafestival.com

Proxecto Cárcere o Domingo 9 de Outubro en “O Coruñés Opina”

O noso compañeiro Tono Galán do grupo de Proxectos e Infraestruturas asistirá en nome da Plataforma ó debate que terá lugar este domingo ás 12h na cadena SER no programa de Isabel Bravo “O Coruñés Opina”.

No programa, que versará sobre a arquitectura e os seus usos sociais, participarán alén de Proxecto Cárcere, o decano do COAG (Colexio Oficial de Arquitectxs de Galicia) e un/ha representante de Arquitectxs Sen Fronteiras.

Na última parte do programa ábrese o micro á opinión dxs ointes polo que vos animámos a participar.

Para mais información sobre o programa “O Coruñés Opina” visitade a súa páxina web http://radiocoruna.com/el-corunes-opina/gmx-niv17.htm

Semana da Arquitectura 2011: Arquitectura e Dereitos Humanos

O COAG (Colexio Oficial de Arquitectxs de Galicia) organiza durante toda esta semana unha serie de actividades para conmemorar o Día Mundial da Arquitectura que neste ano está adicado aos dereitos humanos e na Coruña centrado no antigo cárcere da Torre. A Plataforma Proxecto Cárcere participará o mércores 5 cunha charla-video na Sala da Cultura ás 20h.

PROGRAMA

Luns 3

Día Mundial da Arquitectura. 13.00 h. Visita aberta ao público ao edificio do antigo cárcere da Coruña. Esta visita estará guiada e comentada polos catedráticos da ETSAC. José Ramón Alonso Pereira e José Soraluce Blond.

Martes 4

Taller gratuíto para nenos “A que soa a arquitectura?”, na Sala de Cultura da Delegación de 17.00 a 19.00 horas (1ª quenda 17-18 h e 2ª quenda 18-19 h.). Información e condicións de inscrición no enlace: http://coruna.coag.es/actualidad.

Mércores 5

Conferencia da Plataforma “Proxecto Cárcere” na Sala de Cultura ás 20.00 h, coa proxección de vídeos das actividades desenvolvidas por esta plataforma no Edificio do Antigo Cárcere.

Xoves 6

Xunta de Arquitectos nas instalacións do Playa Club ás 21.30 h. Información e condicións de inscrición e pago no enlace: http://pruebadelegaciondeacorunacoag.wordpress.com/2011/09/20/reunion-de-arquitectos-delegacion-de él-coag-de-la-coruna/

Sábado 8

Proxección do filme “Un viaje por… 1929-2009″, coa presentación a cargo do seu director, Pablo Galego Picard e acompañamento musical en directo. Pase gratuíto, que se realizará nas instalacións do CGAI, ás 18.00 h.

Enlace    http://coruna.coag.es/

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Federico Tapia 64, baixo – 15005, A Coruña, A Coruña

Tel.: +34 981122255 – +0034 636995861

Fax: +34 981122344

Contacto: coruna@colexiodearquitectos.org

Un cárcere para todas e para todos!!

Hoxe, luns 3 de Outubro, tivemos o prazer de asistir á visita guiada pola antiga cadea organizada polo Colexio de Arquitectxs da Coruña, onde en ton humorístico a compañeira de Proxecto Cárcere, Carme Cotelo, entregou o manifesto da Plataforma ao alcalde e outros persoeiros da nosa cidade. Sandra Seoane dixo unhas palabras introducindo a iniciativa e destacando que o Cárcere suscita tanto interese arquitectónico, como social, artístico e cultural, ao mesmo tempo que mostrou a grande preocupación de Proxecto Cárcere perante o evidente estado de deterioro que o imoble ten sufrido desde a última visita en Xuño cando fixemos as Xornadas de Portas Abertas.
Un cárcere para todas e todos é algo no que parece en principio coincidimos. Nós pola nosa banda seguiremos a traballar e a sumar apoios e propostas para que sea a cidadanía a que realmente teña a última palabra en que facer con este emblemático edificio.