Entrevista no LeMag (Colectivo Interferencias)

Na revista do Colectivo Interferencias “LeMag” entrevistaron a un dos compañeiros de Proxecto Cárcere sobre a iniciativa da nosa cidade. Baixo o título “Proxecto Cárcere: Imaxes de Convivencia” fálase do video que Tono Galán realizou sobre as Xornadas de Portas Abertas do pasado Xuño.

para acceder á revista e artigo ir a http://proxectocarcere.saramaganta.info/images/b/b6/21LeMag.pdf

Apoio de Proxecto Cárcere á iniciativa de ACERCA

Acabemos cos 12 anos de abandono do antigo colexio “San Juán de la Cruz” 

 

ACERCA (Asociación Ciudadana por el Espacio y su Recuperación Autogestionada), presentou un proxecto para a cesión do antigo colexio “San Juán de la Cruz” situado no barrio  da “Redondilla” en Valladolid, no Concello de Valladolid (propietario do inmoble) o pasado 23 de marzo do presente ano. O proxecto pide a cesión para a rehabilitación e uso colectivo do espazo, co fin de crear un centro sociocultural do que se poda beneficiar toda a cidadanía.

Proxecto Cárcere apoia esta iniciativa que considera amiga e moi similar a que nós queremos desenvolver co antigo cárcere da Coruña.

Podes asinar en apoio da iniciativa de ACERCA aqui http://actuable.es/peticiones/acabemos-con-12-anos-abandono-del-san-juan-la-cruz

Para coñecer mais sobre ACERCA – http://acerca-t.blogspot.com/p/acerca.html

 

Asamblea de Decembro 2011

Este Sábado 17 de Decembro ás 10:50 reunirémonos na Casa-museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras próxima ao Campo da Leña) para avaliar o traballo feito neste pasado mes e aunar ideas para o próximo ano que xa se está a aproximar.

Se queredes participar ou convidar a outra xente que poida estar interesada por favor facedeo a vontade, este Proxecto que é de todas e todos está sempre aberto a novas aportacións, ideas e propostas, delas partimos e con elas continuaremos a construir a nosa utopia de vida libre, creativa e participativa.

Podes ver a orde do día aqui Orde do día Decembro 2011

Un saúdo forte e feliz ano novo 🙂

Parque Cultural de Valparaíso Ex Cárcel

En poucos meses reabrirá as súas portas o “Parque Cultural de Valparaíso Ex Cárcel”. Terán rematado as obras de remodelación que foron froito da constancia do movemento cultural porteño e dxs artistas do Ex Cárcel. Foi a súa loita que fixo posibel que se construíra un espazo que queren  público, aberto e participativo. O Parque quere continuar a ser un espazo público aberto á comunidade, de creación libre do arte emerxente, cunha forte énfase no comunitario que respecte e promova as ricas calidades patrimoniais do recinto e o seu entorno.

Misión do Parque: Debe ser un centro que apoie os procesos formativos da educación formal, onde crianzas e xuventude atopen alternativas de construcción colectivas e lúdicas do coñecimento en pós de promover a integración social e a construcción dos sentidos. Debe ser un centro potenciador do desenvolvemento artístico local e un espazo de preparación e difusión da arte e cultura. Debe ser un espazo dinamizador da economía local, o que se consigue a través da súa inserción en programas educativos, turísticos e de fomento do traballo artístico cultural.

 

 

 

 

 

 

Para mais información visitar a súa site http://www.excarcel.cl

Mais fotos en http://www.flickr.com/photos/imaginario_excarcel/sets/72157626681336269/