Xuntanza de Proxecto Cárcere co concelleiro de Cultura

IMG_20180804_192240Proxecto Cárcere informa da volta á interlocución co Concello da Coruña. O pasado martes 16 de xullo mantivemos unha reunión co concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, na cal informamos da situación legal do edificio, así como das patoloxías que afectan a súa habitabilidade. Remarcamos pois a necesidade de que as administracións implicadas se poñan de acordo e se leven a cabo obras urxentes que aseguren o seu correcto mantemento e minimicen o custe económico dunha rehabilitación posterior. Neste sentido, o concelleiro comprometeuse a poñerse en contacto coa Concellería de Urbanismo, para poder ter un coñecemento claro do estado actual do inmoble, así
como co Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, de cara a un diálogo co propietario da prisión a día de hoxe, o Ministerio de Interior a través da SIEP. No que se refire a este último organismo, Proxecto Cárcere recordou a obriga deste, como titular, de mantelo nunhas mínimas condicións de conservación, máxime cando pretende obter un beneficio económico pola súa venda.

Engadimos a acta da xuntanza:

ACTA 16 DE XULLO CONCELLERÍA DE CULTURA