Asemblea de Maio de Proxecto Cárcere

A próxima asemblea de Proxecto Cárcere terá lugar o mércores 28 de Maio ás 20h30 no Bar Matthews na praza da Galera.

Todas as persoas interesadas no proxecto sodes benvidas.

Orde do día

Info breve e toma de decisións (1h30)
1. Relevo de tarefas (Laura e Mariola) – 10 minutos
2. Coruña Baleira + xornada Xestión cidadá (grupo Coruña Baleira) – 30 minutos
3. Próximo local para o Jail Art (grupo Jail Art) – 10 minutos
4. SOPA en Celanova , Setembro 2014 (??) 10 minutos
5. Mercado das Flores en Xuño, Xullo.… (Mariola) 10 minutos
6. Feira de Economia Social (Laura) – 10 minutos
7. Varios – 10 minutos

Debate aberto (30 minutos)
Liña política de Proxecto Cárcere

Recordade que o Coruña Baleira remata o 13 de Xuño. Aínda estás a tempo de enviar as túas fotografías.

II Xornada Convivencia Proxecto Cárcere

A II Xornada de Convivencia de Proxecto  Cárcere terá lugar o sábado 24 de 11 a 14h na Casa da Fariña (Praza de Azcárraga). Depois desfrutaremos dun almorzo compartido no que cada quen pode traer comida e bebida á vontade.

Levamos xá mais de 3 anos de andaina e pensamos que é este un bó momento para avaliar o feito e vermos para onde camiñar daqui ao futuro.

Nesta xornada contaremos co apoio facilitador de Xan Nogareda que nos suxerirá vías de indagación para os temas que nós vaiamos considerando de relevancia.

A participación nesta xornada é aberta a todas as persoas da plataforma sen restriccións xa que todas conformamos este proxecto de unha ou outra maneira e todas podemos aportar desde a nosa experiencia grande ou pequena.

Para calquera dúbida fainos saber.

Un saúdo forte e vémonos este sábado.