Boletín informativo de Proxecto Cárcere – Mércores 18 de Abril 2018

Finalmente tivemos a reunión co Concello este martes 17 de abril. Non asistiron o concelleiro Xiao Varela, nin a concelleira Claudia Delso, aínda que esta si se achegou a saudar.

Fomos recibidas polas persoas técnicas de Rexeneración Urbana, Participación e Culturas e calificamos a reunión de manifestamente cordial.

Informóusenos de que se inicia o proceso para poder asinar o contrato no prazo máximo dun mes, aproximadamente para o 17 de maio. Este implica o envio do informe técnico e o contrato para ser revisados por Proxecto Cárcere e aceitados en Asemblea.

As limitacións de espazo e uso son evidentes, pero como xa manifestamos ficaremos satisfeitas si non se producen máis demoras e podemos comezar coa actividade e recuperación do cárcere nas novas datas anunciadas.

Con respecto aos buracos do teito o técnico de Rexeneración Urbana tomou nota e esperamos que se lle dé solución o antes posibel.

Seguiremos informando

Proxecto_Carcere_Maquetación uso inicial

En amarelo a parte do cárcere que se poderá utilizar inicialmente

 

Boletín informativo de Proxecto Cárcere – Venres 13 de Abril 2018

Pasadas xa dúas semanas da solicitude de reunión urxente coas concelleiras de Rexeneración Urbana e Participación, e sen ter recibido ningunha notificación oficial, chamamos onte unha vez máis ao Concello.

Agradecéusenos a paciencia e propúxosenos unha data para a próxima semana. Estamos a ver a disponibilidade das persoas parte do grupo de relacións co Concello para poder confirmar hoxe mesmo.

Recordamos que en Proxecto Cárcere todas as persoas somos voluntarias polo que precisamos organizar os nosos tempos e responsabilidades para poder asistir a reunións e facer o traballo que require o activismo sociocultural.

Observamos que hai inactividade nas obras do antigo cárcere a pesar de que parece que a empresa Jove, encargada das mesmas, está aínda presente.

Preocúpanos especialmente os buracos abertos no teito, que levan xa semanas e dos que informamos ao Concello, polo que implica de deterioro para as estructuras do edificio.

Como informamos na rolda de prensa, para nós agora a urxencia está en frear o progresivo deterioro do edificio a través do seu uso e do traballo de concienciación e acción coletiva cidadá e institucional.

Seguimos informando

 

 

 

Información regular de Proxecto Cárcere – Mércores 4 de Abril de 2018

Desde Proxecto Cárcere queremos dar información regular e transparente a todas aquelas persoas interesadas na rehabilitación do antigo cárcere da Torre e recuperación como centro sociocultural e da memoria.

Polo que iremos publicando os avances que se vaian dando a través do noso blog e redes sociais.

A mércores, 4 de Abril, e unha semana despois da solicitude por rexistro e aviso telefónico de Proxecto Cárcere para unha reunión urxente coas concellerías de Rexeneración Urbana e Participación Cidadá, sen ter recibido ningunha resposta, facemos unha chamada telefónica ao Concello.

Respóstannos que Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración e Urbanismo, vai quedar hoxe con Claudia Delso, concelleira de Participación Cidadá para aquelar a xuntanza e que a finais desta semana nos avisarán do resultado.

Por outro lado a mesma mañá da rolda de prensa o BNG solicitou xuntanza con Proxecto Cárcere vía telefónica e que tivo lugar hoxe ás 19h30.

Podedes escoitar e ver a rolda de prensa do martes 27 de Marzo aqui

 

Grazas a todas polo voso interés e apoio e continuaremos informando.