Ondas do Cárcere

Desde o 9 de Novembro de 2012 a plataforma Proxecto Cárcere emitimos o programa radio «Ondas do Cárcere» grazas ao premio concedido pola Cuac FM en Xullo de 2011 no que se elixiu á Plataforma Proxecto Cárcere como mellor colectivo cidadá que traballou a prol da nosa cidade nese ano.

Ondas do Cárcere pretende ser un espazo mais de inter-comunica-acción onde toda a cidadanía podamos aportar ideas, experiencias e coñecimentos cara a recuperación do antigo cárcere da Torre para uso público.

O programa realízase cada 15 días de 20 a 21h na CuacFM 103.4FM. 

Podes escoitalo na radio no 103.4 FM e por internete no link  http://cuacfm.org/directo/. Tamén está disponíbel en diferido os luns ás 11h, os mércores ás 17h e os domingos ás 00h.

Ademáis tamén se pode escoitar en Radio Filispim 93.9FM, os luns ás 14h, os mércores á 01h, e os venres ás 9h.

Os arquivos dos programas xa emitidos podes escoitalos no seguinte reproductor:

http://www.ivoox.com/player_es_podcast_52700_1.html