“Fin de curso” 2013 en Proxecto Cárcere

2.500 sinaturas entregamos no Concello da Coruña esta mañá!!
E o manifesto continúa aberto.

Despedimos este “curso” para recuperar forzas e regresar despois do periodo estival con mais ideas e propostas para conseguir salvar o cárcere da Torre e facer del un espazo de encontro e creación para a cidadanía da Coruña.

A exposición Jail Art iniciará un tour por diversos locais da cidade e doutras partes de Galiza, concretaremos unha proposta de documento de cesión do cárcere á cidadanía no que nos gustaría que participárades, e achegarémonos cada vez mais as xentes do bairro da Torre e de toda a cidade con actividades na rúa, xornadas sobre cidadanía e patrimonio, proxección de documentais e moito mais.

Grazas a todas e todos por construir connosco Proxecto Cárcere!

Coa voz da coruñesa Mercedes Peón, que coma ti, apoia o manifesto S.O.S. Cárcere da Torre, dicímosvos ata pronto!

Entrega de 2.400 sinaturas en apoio ao manifesto S.O.S. Cárcere da Torre

Hoxe, venres 12 de xullo ás 11h faremos acto de entrega das 2.400 sinaturas que se recolleron nestes meses en apoio do manifesto S.O.S. Cárcere da Torre para salvar a antiga prisión provincial da Coruña do dramático estado de abandono e deterioro en que se encontra e apoiar a proposta da cidadanía de recuperación do edificio como Centro Sociocultural e da Memoria.

Esta demanda será presentada ao Concello da Coruña e ao SIEP (Sociedad Estatal de Infraestructuras y Equipamientos) co obxectivo de que de forma inmediata as entidades responsabeis se fagan cargo dos traballos de mantemento e rehabilitación mais urxentes e que se inicie un proceso de debate e negociación coa cidadanía da Coruña sobre o futuro do edificio.

Desde Proxecto Cárcere compilamos as propostas chegadas de diferentes sectores da nosa cidade no Plan de Viabilidade presentado en xuño de 2012 sempre aberto a debate e novas aportacións.

GRAZAS POLO TEU APOIO!

«O cárcere da coruña tráeme á memoria lembranzas dun pasado imaxinado. As historias que dende pequeno escoitei na familia.

Recordo á miña nai de nena indo ao cárcere, o de Montealto, de visita, facendo de transportín acompañando a algún familiar . Fermosa como era e segue a ser, conta como levaba algúns cartos escondidos entre as moñas que lle facían na cabeleira. Que imaxe! Preparándose en casa, con 8 ou 9 anos, o conta como se fora algo natural. Nada dramático.
Seguramente que todo non pasou así como describo arriba pero xa forma parte do meu imaxinario persoal.

É vergoñento o pouco respeto que dende o poder político se ten cara as vidas das persoas que estiveron alí encerradas por loitar por lexítimos ideais, e que contribuiron heroicamente a que todos disfrutemos da nosa liberdade.

Moito ánimo a todos e todas que estades loitando por este proxecto.

Apertas,

Jorge

Espazos e colectivos a apoiar o manifesto:

Grupo LomoCoruña da Coruña

Asociación La Azotea de Murcia

Amics de l’Ateneu Santboià de Barcelona

Los Pájaros Ateneo Cultural Huertano de Murcia

Espacio Tangente de Burgos

Pabellón nº6 – ARTE ESZENIKOAK de Bilbao

Nau Ivanow de Barcelona

Red EtnoMurcia de Murcia

La Casa del Burro de Peroblasco (La Rioja)

Taller Colectivo y Centro Cultural «El Hacedor» de La Aldea del Portillo de Busto (Burgos)

CACIS (Centro de Arte Contemporáneo y Sostenibilidad) El Forn de la Calç de Calders (Barcelona)

Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes

Fundació Sagrera de Barcelona

El Quirófano. Operaciones artísticas de Murcia

Antic Teatre Espai de Creació de Barcelona

Ancora Produccións da Coruña

Masa Crítica de A Coruña

Asociación Galega para a Saúde Sexual da Coruña

Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros  da Coruña

Asociación cultural Alexandre Bóveda da Coruña

Asociación Bulimia y Anorexia da Coruña

Amigos dos Museos de Galicia

Milpedras Taller de Litografia da Coruña

Comité Antisida da Coruña

Centro Social Gomes Gaioso da Coruña

Asociación Soho-Orzán da Coruña

Instituto de Estudios Torre de Hércules da Coruña

Club Deportivo Los Rosales da Coruña

Cooperativa Consumo Consciente e Responsabel Zocamiñoca da Coruña

Pegadas, s. coop. galega da Coruña

Proxecto Caracol do Deza

Velaivai Cometas da Coruña

Hábitat Social, S. Coop. Galega da Coruña

Radio Comunitaria Cuac FM da Coruña

Apoios de persoas públicas

Manuel Rivas – Escritor

Bernardo Atxaga – Escritor

Luís García Montero – Poeta e catedrático

Almudena Grandes – Escritora

Rosa Montero – Escritora

Julio Llamazares – Escritor

Pilar del Río – Presidenta Fundación José Saramago

Manuel Vicent – Escritor

Xulio López Valcárcel – Poeta

Jose Manuel Caballero Bonald – Escritor

Xavier Seoane – Escritor

Mercedes Peón – Música e cantante

Asemblea de verán !!

Este venres 5 de xullo ás 20h30 teremos a asemblea que fecha o ano académico de Proxecto Cárcere. Terá lugar na Casa da Fariña, praza Azcárraga, 6 baixo, local cedido por Javi, Olivia e Hábitat Cooperativa.

Despois da reunión iremos de cea a un restaurante próximo se queres vir fainos saber.

Orde do día:

1. Organización das asembleas

2. Exposición Jail Art

3. Sinaturas manifesto S.O.S Cárcere da Torre

4. GdTs (Xestión e Financiamento: Estado de contas; Sensibilización e Comunicación Interna)

5. Propostas videos Pepe e Tono

6. Avaliación dia 29X

7. Varios

8. Cea e Festa!!!