CESION FARO DE OZA AO CLUBE MARITIMO OZA-O PUNTAL

Faro de Oza

Ante a nova publicada na páxina dixital do Concello de A Coruña o pasado día 24 de setembro, referente ao acordo subscrito coa Autoridade Portuaria para a cesión ao noso Concello do uso do faro de Oza e de toda a súa contorna, así como, o desexo do sr Alcalde de converter o faro nun centro cultural, social, deportivo e formativo aberto a toda a cidadanía e a manifestación por parte do sr Negreira de que se ten chegado a un acordo co club Marítimo Oza-O Puntal para acadar eses obxectivos; Proxecto Cárcere, asociación que dende novembro de 2010 pretende tamén a recuperación da antiga prisión provincial para uso cidadán, quere mostrar publicamente a súa preocupación pola forma, non polos obxectivos deste proxecto, que se transluce da información facilitada na referida páxina do concello e as novas publicadas na prensa local dende entón.

Preocupación por que non se aclarou dende o Concello os motivos ou méritos que xustifiquen o acordo de xestión acadado con esa entidade privada e non con outras, salvo a escueta mención ao “papel” desempeñando nos último anos polo Club Marítimo Oza-O Puntal, e que, a falta de máis información pública, poderíase tachar de discriminatoria respecto a outras entidades que tamén teñen xogado nos últimos anos o seu “papel” na reivindicación desa contorna urbana.

Entendemos que a cesión dese espazo para a cidadanía, que expresamente aplaudimos, debería realizarse coa máxima transparencia e en base a unhas condicións públicas e consensuadas por todas e todos, o que nos evitarían suspicacias innecesarias en todos os colectivos que intentamos acadar outras formas de entender a participación cidadá na esfera pública.

Avogamos , unha vez máis, por un diálogo aberto, participativo e construtivo de todas as asociacións coruñesas coas nosas autoridades, sexan do signo político que sexan, para acadar unha cidade da que toda a cidadanía nos sintamos cada día un pouco máis orgullosa.

A Coruña a 10/10/14

Advertisements

Video coas imaxes do Coruña Baleira

Aqui vos presentamos o video que montou Tono Galán coas imaxes achegadas por vós á convocatoria fotográfica “Coruña Baleira”.

Espazos baleiros e en desuso da nosa cidade e arredores cos que todas e todos nos cruzamos no noso ir e devir diario. E ti, que farías aqui?

Grazas a todas as persoas por participar.

Coruña Baleira from Proxecto Cárcere on Vimeo.

Reparacións no cárcere. Solicitando información.

Durante os últimos meses estanse a realizar traballos na parte exterior do cárcere. En Proxecto Cárcere temos interés por coñecer mais detalles e enviamos a seguinte carta á Área de Urbanismo do Concello da Coruña, responsabeis de dar permisos e recibir notificacións de toda obra realizada na nosa cidade.

Esperamos resposta e seguiremos informando.

Proxecto Cárcere 07-10-14 -page-0