O Cárcere está aberto a proposta de actividades
O ESPAZO DISPONIBEL
O espazo que de momento pode ser utilizado consta de 200 m2 interiores, repartidos nun hall de 100 m2 aproximadamente, 5 salas para 6-10 persoas, e 1 ante sala/corredor e espazo exterior.
O mellor é que veñas e vexas o espazo. .
ACORDOS BÁSICOS – Importante ler antes de facer unha proposta de actividade
- Promover e respectar os dereitos humanos fundamentais (non machismo, non racismo, non homofobia/transfobia, etc)
- Non se realizarán actividades de apoio e/ou divulgación de partidos políticos
- Seguir os protocolos de funcionamento do Cárcere (solicitar espazo, etc).
- As actividades serán xestionadas e financiadas polas persoas ou colectivos que as propoñan.
- O Cárcere encárgase de facer a xestión de comunicación previa ao Concello. Pode precisar un tempo mínimo de aviso.
- Deixar o espazo como se encontra ou melloralo, se for posibel.
- Facer un retorno ao Cárcere que pode ser de tipo social (colaboración no Banco de Tarefas e Recursos) ou económico, dacordo á posibilidade da persoa ou colectivo. En ningún caso será determinante para a aceptación da proposta.
COMO ENVÍO A PROPOSTA?
A) Queres facer unha única actividade, como un encontro, unha charla, un obradoiro, exposición…
- Enche agora a Ficha de Proposta. O que non saibas deixa en branco.
- Avaliaremos proposta e se cumpre os requerimentos e hai espazo e data disponibel será aceitada.
- No día da actividade enches a Folla de Rexistro e no fin da actividade a Avaliación.
- Suxerímosche que fagas un retorno á túa vontade para colaborar coa Vida do Cárcere.
ou
B) Queres facer un proxecto ou unha actividade en varias sesións, a medio e longo prazo no Cárcere ou en relación a él. Sempre e cando non requiran de uso permanente e continuado do espazo físico da prisión.
- Enche agora a Ficha de Proposta. O que non saibas deixa en branco.
- Avaliaremos a proposta e se cumpre os requerimentos e hai espazo e datas disponibeis será aceitada.
- Ao facer un uso máis contínuo do Cárcere pasarías a ser “moradora”, parte da vida interna do proxecto. Isto implicaría o seguinte:
- Ter máis acceso ao espazo.
- Colaborar nas tarefas regulares (limpeza, mantemento, etc.)
- Asistir ás Asembleas e participar na presentación de propostas e toma de decisións da Vida do Cárcere.
- Ser socia da Asociación Cultural Proxecto Cárcere.
- Adquirir unha formación básica sobre o funcionamento e vida do Cárcere
- . Teríamos unha reunión informativa e de benvida para clarificar dúbidas, coñecernos e iniciar coa actividade.
Para calquera dúbida escríbenos a proxectocarcere@gmail.com