Ideas para a apertura do Cárcere

Estes anos dende a plataforma Proxecto Cárcere estivemos a traballar na posibilidade de dotar de uso a antiga Prisión Provincial da Coruña. Ante o inminente periodo electoral queremos trasladar as nosas ideas para a apertura do Cárcere, a todos os partidos políticos da nosa cidade para que poidan recollelas nos seus programas electorais. As ideas céntranse en torno a seis conceptos principais (Proxecto Cárcere, autoxestión, participación cidadá, financiamento, edificio e uso público), co significado que lle da Proxecto Cárcere a cada concepto na apertura do cárcere a cidadanía.

  • PROXECTO CÁRCERE
    • Proxecto Cárcere funcionaría durante a fase inicial de posta en marcha da proposta como facilitadora do proceso participativo e negociacións entre institucións e cidadanía aportando os seus coñecementos, experiencia e filosofía.

04_20_N_2010_4

  • AUTOXESTIÓN
    • Entendemos a autoxestión como a autonomía da cidadanía en determinar os contidos, a toma de decisións e a organización do cárcere.

XORNADAS_PC_7

  • PARTICIPACIÓN CIDADÁ
    • Entendemos a participación cidadá como un proceso no que os diferentes axentes sociais/cívicos da cidade/barrio contribuen ao ideario e funcionamento do cárcere. Este debe garantir que as diferentes voces son escuitadas e con valor na toma de decisións.
    • O dereito a tomar decisións no cárcere tería como fundamento o principio de mancomunidade “casa aberta con fume”. O dereito existe en canto a persoa ou colectivo contribúen ao funcionamento diario do cárcere e desaparece no momento en que deixan de contribuir a él.
    • Estableceríanse unha serie de contra-normas polas que se regularía a convivencia e usos do espazo. Exemplo: non-machismo, non-racismo…
    • Utilizaríanse metodoloxías socias como ferramentas de traballo grupal para facilitar o proceso creativo e participativo do cárcere (Educación Popular de Paulo Freire, Xogo Oasis, Facilitación de grupos…)

06_20_N_2010

  • FINANCIAMENTO
    • Poderíase financiar a progresiva rehabilitación do edificio e do seu uso real a través de crowfunding, obradoiros-taller, subvencións a diferentes institucións públicas/privadas, aportacións das iniciativas cohabitando no cárcere, etc
    • O CSCM (Centro Sociocultural e da Memoria) disporía dun bar e servizo de bar para eventos dentro do cárcere como un dos métodos de financiamento colectivo.
    • O financiamento de cada proxecto ou actividade concreta que se desenvolvera no edificio sería responsabilidade das persoas promotoras de cada iniciativa.

XORNADAS_PC_24

  • EDIFICIO
    • Proxecto Cárcere considera que o total do edificio debería ser cedido á auto-xestión e uso da cidadanía.
    • Propostas de rehabilitación e usos axeitados dos espazos dacordo coa súa morfoloxía, onde se inclúe un estudo exhaustivo e profesional do estado do cárcere a nivel arquitectónico, patrimonial e urbanístico no contexto da cidade da Coruña. Apóstase por manter a estrutura orixinal do edificio e iniciar un proceso gradual de restauración e mantemento do mesmo baseado en principios de adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo.
    • O imobel debe cumprir cuns mínimos de rehabilitación e mantemento que garantan a seguridade das persoas que o utilicen.
    • Contarase cun seguro de responsabilidade civil para cubrir o bon desenvolvemento das actividades que nel se realicen.

aerea1

  • USO PÚBLICO
    • O uso do cárcere sempre sería público con acceso libre e gratuíto e respondería as necesidades das veciñas do barrio de Montealto en particular e do resto da cidade e contorna en xeral.
    • Proxecto Cárcere ten recollidas diversas propostas de uso no seu Plan de Viabilidade que se irían considerando dacordo a progresiva disponibilidade do espazo e a concreción e formalización das propostas.

XORNADAS_PC_1

Advertisements

Feliz 2015!

Terminamos este ano co desexo de que todas as loitas sociais da nosa cidade e do mundo enteiro sirvan para conseguir fazernos mais fortes e construir unha sociedade mais libre, mais igualitaria e mais feliz.

4 anos festaDesde Proxecto Cárcere facemos un bó balance deste ano en que nos tocou sobrevivir a un parón de comunicacións coas institucións alleo á nosa vontade. No entanto tivemos o imenso pracer de coñecer a moitos proxectos irmáns que nos deron alento e axudaron a pensarnos e re-pensarnos como o que somos, un grán mais da imparabel transformación social destes tempos.

No 2015 esperamos continuar a dar grandes pasiños xunto con todas e todos vós. Sabemos que sen ese apoio físico e virtual, continuado e puntual co que contribuimos as diferentes persoas e colectivos que cremos neste soño dun cárcere transformado en espazo de creación e liberdade,  non poderíamos ter nunca tinguido, ainda que fose só un pouco, coa nosa cor amarela a esta cidade que sabemos e queremos facer nosa,

Iniciaremos o 2015 cunha xornada de reflexion, estratexías e celebración o Sábado 24 de Xaneiro á que estades todas e todos convidadas/os, así como iniciativas colaborativas e o noso caro programa de radio “Ondas do Cárcere” das que vos iremos informando nas primeiras semanas do ano. Anota na túa nova axenda un tempiño para Proxecto Cárcere, promete ser un ano ben interesante.

A todas e todos….Feliz 2015!

 

“Fagamos agora o noso futuro, e fagamos realidade os nosos soños de mañá.”

Malala Yousafzai (en pastún: ملاله یوسفزۍ

malala-yousafzai-ftr