Asemblea Aberta de Maio de Proxecto Cárcere

Chegando o maduro Maio convidámoste á Asemblea de Maio de Proxecto Cárcere que terá lugar o martes 5 de Maio ás 20h30 na Casa da Fariña (Praza Azcárraga, 6).

Recorda que toda persoa interesada na actividade e filosofía de Proxecto Cárcere é benvida às nosas asembleas. 🙂

A orde do día é a seguinte:

A) Información e toma de decisións

1. Protocolo de resolución de conflitos. (5 minutos)

2. Estado de contas de PC (10 minutos)

3. Comunicación coa prensa (5 minutos)

4. Toma de decisións (5 minutos)

5. Resultados das entrevistas PC e partidos políticos (10 minutos)

6. Relacións PC e partidos políiticos (15 minutos)

7. Orzamentos (5 minutos)

B) Debates Pendentes

O destino de PC e as súas participantes (15 minutos)

 

 

Advertisements

Ideas para a apertura do Cárcere

Estes anos dende a plataforma Proxecto Cárcere estivemos a traballar na posibilidade de dotar de uso a antiga Prisión Provincial da Coruña. Ante o inminente periodo electoral queremos trasladar as nosas ideas para a apertura do Cárcere, a todos os partidos políticos da nosa cidade para que poidan recollelas nos seus programas electorais. As ideas céntranse en torno a seis conceptos principais (Proxecto Cárcere, autoxestión, participación cidadá, financiamento, edificio e uso público), co significado que lle da Proxecto Cárcere a cada concepto na apertura do cárcere a cidadanía.

  • PROXECTO CÁRCERE
    • Proxecto Cárcere funcionaría durante a fase inicial de posta en marcha da proposta como facilitadora do proceso participativo e negociacións entre institucións e cidadanía aportando os seus coñecementos, experiencia e filosofía.

04_20_N_2010_4

  • AUTOXESTIÓN
    • Entendemos a autoxestión como a autonomía da cidadanía en determinar os contidos, a toma de decisións e a organización do cárcere.

XORNADAS_PC_7

  • PARTICIPACIÓN CIDADÁ
    • Entendemos a participación cidadá como un proceso no que os diferentes axentes sociais/cívicos da cidade/barrio contribuen ao ideario e funcionamento do cárcere. Este debe garantir que as diferentes voces son escuitadas e con valor na toma de decisións.
    • O dereito a tomar decisións no cárcere tería como fundamento o principio de mancomunidade “casa aberta con fume”. O dereito existe en canto a persoa ou colectivo contribúen ao funcionamento diario do cárcere e desaparece no momento en que deixan de contribuir a él.
    • Estableceríanse unha serie de contra-normas polas que se regularía a convivencia e usos do espazo. Exemplo: non-machismo, non-racismo…
    • Utilizaríanse metodoloxías socias como ferramentas de traballo grupal para facilitar o proceso creativo e participativo do cárcere (Educación Popular de Paulo Freire, Xogo Oasis, Facilitación de grupos…)

06_20_N_2010

  • FINANCIAMENTO
    • Poderíase financiar a progresiva rehabilitación do edificio e do seu uso real a través de crowfunding, obradoiros-taller, subvencións a diferentes institucións públicas/privadas, aportacións das iniciativas cohabitando no cárcere, etc
    • O CSCM (Centro Sociocultural e da Memoria) disporía dun bar e servizo de bar para eventos dentro do cárcere como un dos métodos de financiamento colectivo.
    • O financiamento de cada proxecto ou actividade concreta que se desenvolvera no edificio sería responsabilidade das persoas promotoras de cada iniciativa.

XORNADAS_PC_24

  • EDIFICIO
    • Proxecto Cárcere considera que o total do edificio debería ser cedido á auto-xestión e uso da cidadanía.
    • Propostas de rehabilitación e usos axeitados dos espazos dacordo coa súa morfoloxía, onde se inclúe un estudo exhaustivo e profesional do estado do cárcere a nivel arquitectónico, patrimonial e urbanístico no contexto da cidade da Coruña. Apóstase por manter a estrutura orixinal do edificio e iniciar un proceso gradual de restauración e mantemento do mesmo baseado en principios de adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo.
    • O imobel debe cumprir cuns mínimos de rehabilitación e mantemento que garantan a seguridade das persoas que o utilicen.
    • Contarase cun seguro de responsabilidade civil para cubrir o bon desenvolvemento das actividades que nel se realicen.

aerea1

  • USO PÚBLICO
    • O uso do cárcere sempre sería público con acceso libre e gratuíto e respondería as necesidades das veciñas do barrio de Montealto en particular e do resto da cidade e contorna en xeral.
    • Proxecto Cárcere ten recollidas diversas propostas de uso no seu Plan de Viabilidade que se irían considerando dacordo a progresiva disponibilidade do espazo e a concreción e formalización das propostas.

XORNADAS_PC_1

Descubrindo o Futuro: 3ª Xornada de Convivencia de Proxecto Cárcere

huge.3.18160Iniciamos a andaina do 2015 coa nosa terceira xornada de convivencia  “Descubrindo o Futuro”, que terá lugar o próximo Domingo 25 de Xaneiro de 11 a 14:30 no local da Asociación Manicómicos (Rúa Andrés Gaos, 16, baixo). Seguido a reunión participaremos dun bó xantar.

Programa da Xornada:

11:00 – 14:30

Acollemento

Carmen Cotelo falaranos da súa experiencia na “Ciudad y Circo de los Muchachos” fundada polo padre Silva no ano 1966 en Benposta, Ourense.

De abellas a vacas…pasando por bolboretas. Exploraremos os diferentes roles que interactúan nos grupos e como teñen influído en Proxecto Cárcere.

Descubrindo o Futuro. Identificaremos os retos e oportunidades dos diferentes futuros posibeis e como encaralos.

Conclusións e feche.

14:30 : Xantar!!!

A esta actividade son benvidas todas as persoas con interés en Proxecto Cárcere e con vontade de participar activamente da mesma.