Coruña Baleira

Aqui podes ver as fotos que van chegando á convocatoria

http://www.flickr.com/apps/slideshow/show.swf?v=140556

Cantos espazos baleiros existen na nosa cidade? Cantas persoas precisan dun espazo para iniciar unha actividade profesional, social, cultural, ou simplemente para vivir?

En base a estas preguntas a plataforma cidadá Proxecto Cárcere abre unha convocatoria fotográfica para visibilizar eses espazos en desuso que enchen cada día mais a nosa cidade.

Proxecto Cárcere leva tres anos organizada como catalizadora de propostas da cidadanía para recuperar o antigo cárcere da Torre e transformalo nun centro sociocultural e da memoria. Somos pois especialmente sensibeis a esa contradicción que se presenta na nosa cidade entre persoas que precisan de locais e lugares onde encontrarse e desenvolver a súa actividade, e o crecente número de edificios tanto publicos como privados, moitos históricos, que van degradándose e desaparecendo diante dos nosos ollos.

O cárcere é un bó exemplo, pois só tres anos atrás pudemos entrar e organizar unhas xornadas onde colectivos e persoas individuais dos eidos da arte, movementos sociais e culturais da Coruña tiveron un espazo onde compartir coa cidadanía as súas experiencias e propostas. Hoxe, o cárcere está abandonado e en grave estado de deterioro, fechado por parte das autoridades a calquera intervención de rehabilitación ou uso por parte da cidadanía.

http://www.flickr.com/apps/slideshow/show.swf?v=104087

Nesta convocatoria queremos que nos axudes a descubrir eses edificios, locais, fábricas…lugares que te encontras no teu día a día, no teu barrio, en diferentes partes da cidade, e así elaborar un mapa visual de espazos baleiros na Coruña.

As imaxes recibidas serán expostas no noso blogue, facebook e twitter, e unha vez remate a convocatoria, depois do 13 de Maio, faremos un acto de presentación pública das imaxes e imprimiremos unha selección das mesmas que serán utilizadas en unha ou varias accións reivindicativas sobre espazos baleiros na cidade.

Podes enviar un máximo de 5 fotos de cada sitio que fotografies, pero non hai limite de número de espazos dos que nos podas enviar imaxes. É recomendabel pero non imprescindibel, de momento, que unha imaxe de cada serie tivese resolución suficiente para ser impresa (por exemplo: 300 pixeles/pulgada e un tamaño de 600 pixeles de altura, se a imaxe e vertical, ou 600 pixeles de anchura se é horizontal).

A seguinte información debe ser incluída no envio da/s imaxes:

    • O teu nome ou pseudónimo

    • Contacto (email ou teléfono)

    • Información de cada foto/serie de fotos:

      • Qué era este edificio? Nome, se tiña un.

      • Onde está localizado? (rúa, número, barrio)

      • (Opcional) Qué uso pensas que podería ter na actualidade? (breve)

Anímate e envia as túas imaxes a proxectocarcere@gmail.com antes do 13 de Maio, co tema “Coruña Baleira”.

7 opinións sobre “Coruña Baleira

  1. Pingback: Aberta a convocatoria fotográfica «Coruña Baleira» | Proxecto Cárcere

  2. Mui boa iniciativa’ poñe a boas disposición para AMPLIAR O ESPECTRO podemos empezar Co antiguo CINE AVENIDAadquiridopola Caixa para unha FUNCCION SOCIAL

    Gústame

Os comentarios están pechados.