Como se entra?

Para asistir como público simplemente infórmate de cando está aberto o cárcere e ven.

Consulta regularmente o blog e redes sociais do Cárcere ou escríbenos a proxectocarcere@gmail.com para ser Amiga do Cárcere e recibir información regular.

Para ser Amiga do Cárcere (Traballadora ou Virtual) ou para ser Moradora e axudar na organización achégate ao Cárcere e/ou envíanos un email a proxectocarcere@gmail.com

Para propoñer unha actividade puntual, nunha data concreta ou para reservar un espazo…

  • Debes encher a ficha de Propostas e poñerémonos en contacto contigo na maior brevedade para dicirche como proceder.

Se queres propoñer un proxecto/actividade regular e continuado debes ser parte da vida do Cárcere, o que nós chamamos moradora. Isto implica maior compromiso e maior acceso ao espazo.

  • Debes encher a ficha de Propostas e poñerémonos en contacto contigo na maior brevedade para dicirche como proceder.

Para calquera dúbida sobre propostas de proxectos ou actividades envía email a proxectoscarcere@gmail.com (engádese un S ao email xeral)

E se o teu interés está máis en experimentar e apoiar procesos de organización comunitarios e queres implicarte na xestión do espazo e do proxecto (Financiamento, Comunicación, Infraestructuras, A Escola, etc) envíanos un email a proxectocarcere@gmail.com e che daremos máis información sobre como ser parte.

Se non identificas nestas opcións a que responda co que che gostaría facer comunicate connosco e falamos.

Aqui un gráfico explicativo para a túa referencia

2018.06.12_Graficos_Esquema_Entrada

QUE É O CÁRCERE?

QUE PODES FACER?