Asina en apoio facendo click na imaxe.
Unha vez aberto o Cárcere é necesario continuar coa súa rehabilitación e apoio á xestión cidadá.
Os 200 m2 do recinto de entrada son un primeiro paso que custou 7 anos dar. Agora é o momento de darlle vida a través da actividade. Demostrar a importancia de ter modelos de uso e organización diversos na nosa cidade dos que todas as persoas poidamos aprender e desfrutar.
Para isto é imprescindíbel un compromiso real das institucións, un diálogo aberto e de igual a igual onde se escoiten as diferentes perspectivas e onde, sobre todo, haxa vontade de cambio.
O obxectivo de Proxecto Cárcere nunca foi que se puidesen empregar 200 m2 e quedarse aí, especialmente coas carencias e limitacións que implica a xestión cidadá dun espazo destas características e con estas condicións de uso, pero sabiamos que se non entrabamos poderían pasar outros 7 anos sen que se fixese nada, o que suporía a condena definitiva para o Cárcere.
Estamos a solicitar reunións cos diferentes partidos políticos no goberno da cidade para o mes de setembro, para que coñezan o espazo e falar sobre o presente e futuro do Cárcere.
Por todo isto demandamos:
- que se realicen as obras inicialmente previstas para o verán, que consisten, entre outras cousas, na mellora do teito do hall e que afectan directamente a actividade e benestar das moradoras e visitantes durante os meses de outono e inverno.
- que se valoren conxuntamente e se aproben en consenso propostas realizadas polas moradoras do Cárcere, as persoas que lle damos vida e coidamos o espazo, para o avance na adaptación e/ou rehabilitación doutros espazos do Cárcere: O panóptico, o patio da marxe dereita e estancias ou outros.
- que haxa un compromiso colectivo político, cidadá e institucional para a rehabilitación total do Cárcere, que non facer nada non sexa a única resposta á deterioración do edificio, así como doutros edificios en abandono e/ou desuso da cidade.
- que se abra un diálogo e se chegue a acordos comúns entre os diferentes axentes sociais, políticos e institucionais sobre diferentes formas de xestión na cidade, incluíndo a xestión cidadá e mancomunada.
- que se faciliten as tarefas e responsabilidades administrativas de xestión do Cárcere a través dunha boa coordinación, información e colaboración entre administracións, institucións e movementos sociais.
Por favor asina e divulga esta campaña. Axúdanos a recuperar o antigo Cárcere da Coruña para a xente.
Proxecto cárcere, máis e mellor!
GústameGústame
Pingback: Campaña de sinaturas “O Cárcere: máis e mellor” | Fervenzas
Pingback: Boletín Informativo – Setembro 2018 | Proxecto Cárcere
Pingback: Boletín do Cárcere – Outubro 2018 | Proxecto Cárcere