
Mañá domingo 29 ás 19h no Cárcere, terá lugar a Asemblea Xeral de xullo.
As Asembleas do Cárcere son abertas a todas aquelas persoas afíns aos principios e valores de recuperación do antigo cárcere da Coruña como centro sociocultural autoxestionado.
ORDE DO DÍA:
- Organización Asemblea (5 min)
- Manual de Funcionamento (30 min)
- Información Xúridica (5 min)
- Relacións co Concello (20-30 min)
- Estratexias de Financiamento (Indagación) 30 minutos
- Ramplas auto-construccións (10 minutos)
- Apertura xestión de comunicación (10 minutos)
- Avaliación rolda de prensa 26 de xullo (5 minutos)
- Leitura acordos (5 minutos)
- Avaliación e feche (5 minutos)