Pasadas xa dúas semanas da solicitude de reunión urxente coas concelleiras de Rexeneración Urbana e Participación, e sen ter recibido ningunha notificación oficial, chamamos onte unha vez máis ao Concello.
Agradecéusenos a paciencia e propúxosenos unha data para a próxima semana. Estamos a ver a disponibilidade das persoas parte do grupo de relacións co Concello para poder confirmar hoxe mesmo.
Recordamos que en Proxecto Cárcere todas as persoas somos voluntarias polo que precisamos organizar os nosos tempos e responsabilidades para poder asistir a reunións e facer o traballo que require o activismo sociocultural.
Observamos que hai inactividade nas obras do antigo cárcere a pesar de que parece que a empresa Jove, encargada das mesmas, está aínda presente.
Preocúpanos especialmente os buracos abertos no teito, que levan xa semanas e dos que informamos ao Concello, polo que implica de deterioro para as estructuras do edificio.
Como informamos na rolda de prensa, para nós agora a urxencia está en frear o progresivo deterioro do edificio a través do seu uso e do traballo de concienciación e acción coletiva cidadá e institucional.
Seguimos informando