Quen somos
As persoas responsabeis do blog de Proxecto Cárcere queremos pedir disculpas por non ter actualizado a información da sección “Quen somos” en consonancia co movemento de persoas e colectivos que desde 2011 apoiaron presencialmente ou virtualmente esta idea de transformar o cárcere nun espazo de participación cidadá.
En primeiro lugar queremos disculparnos coas persoas e colectivos que están na actualidade activas e que teñen sido imprescindíbeis nestes últimos meses tanto para continuar a dar vida e transformar a nosa estructura organizativa como para elaborar a proposta que presentamos á convocatoria de cesión de uso do antigo cárcere ao Concello da Coruña en Xullo 2017.
A maioría destas persoas non aparecían na lista que ocupaba este espazo anteriormente e por tanto sentimos que sen pretendelo as invisibilizamos.
En segundo lugar queremos pedir disculpas a todas aquelas persoas e colectivos que durante todos estes anos nos teñen apoiado, asistindo ou non a asembleas, de forma presencial ou simbólica, a través da lista da Plataforma Proxecto Cárcere creada no 2012. Esta lista deixou de ter validez hai tempo e non representaba a situación actual de moitas das persoas e colectivos ou organizacións nela nomeadas nin da estructura organizativa de Proxecto Cárcere.
Lamentamos calquera malentendido ou incomodidade que este erro poda ter causado.
En calquera caso e ante calquera dúbida ou incongruencia que poidérades encontrar ao consultar a información deste blog agradeceríamos moito que vos puxérades en contacto connosco para poder xerar así entre todas un fluxo de comunicación claro, transparente e verídico.
Moitas grazas pola vosa comprensión.
Proxecto Cárcere
Pode ser parte da Plataforma Proxecto Cárcere calquera persoa ou colectivo que sea afín aos intereses e obxectivos da mesma. Cada quen pode participar da maneira que considere mais axeitada e dacordo coa súa disponibilidade. O importante é que todas e todos podamos aportar o noso gran de area para construir un proxecto colectivo que responda á diversidade social e cultural da cidade da Coruña.
“Creo que é unha oportunidade extraordinaria para facer un proxecto cultural “desde abaixo”, que xurda das bases, da sociedade. Un centro que rache coas actuais inercias políticas de xestión. Un centro que sexa a casa e un lugar de creación e de expresión cultural aberto, plural, sostible, solidario… Converter un predio emblemático da cidade nunha gran comunidade onde creadores, educadores e veciños da cidade convivan de xeito democrático, que exista nel un empoderamento por parte da sociedade, que sexamos todos e todas as que decidamos que cultura queremos.”
J.C.Q.
Aqui podes ver a relación de persoas e colectivos que estamos neste momento activas na organización da Plataforma Proxecto Cárcere
Adrián González
Alberto Fortes
Alfonso Cebrián
Alfonso Rodríguez
Asociación Cultural Son d’Aqui
Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH)
Beatriz Sierra
Carlos A. P.
Carmen Cotelo
Carmen García Rodeja
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH)
Daniel Feira Social
Elvira Morales
Eva Piñeiro Núñez
Fabrizio Rosano
Fernando Pujalte
Fernando Souto Suárez
Laura Sánchez
Manel López Malde
Manuel Monge
Manuel Pazos
Mar Vaamonde
Mariola Mourelo
Martin Moreda
Miguel Fernández
MOBI-LIZA
Oscar Górriz
8HZ
Pedro González Torres
Rafael Anido Alonso
Rafael Prieto
Rubén Afonso Lobato
Sen Ánimo de Nome
Senén Rodríguez-Carrera Iglesias
Silvia Villar
Tono Eidán
Xabier Espasandín
Xan Castro dapena
Xaquín Silva
Xosé Manuel Lado Fernández