Ven de sair a convocatoria da Concellaría de Participación e Innovación Democrática para a cesión de uso de varios espazos no antigo cárcere provincial da Coruña.
Desde Proxecto Cárcere antes de nada queremos dar os parabéns a iniciativa do Concello de darlle uso sociocultural e da Memoria a este edificio emblemático na nosa cidade.
Pola nosa parte leremos con detimento as bases da convocatoria para valorar unha posibel candidatura de Proxecto Cárcere.
Pensamos que se intenta dar resposta a algunhas demandas da cidadanía que foron tamén recollidas no noso Plan de Viabilidade e na Proposta de Cesión, valorando o uso público, accesibilidade e igualdade, aínda que tamén consideramos que a limitante de horario de feche estipulado para as 22:00 é un punto débil cara a participación da cidadanía, incompatibel con horarios laborais, e da realización da diversa actividade que se prevé para o proxecto.
Aqui pódense consultar as Bases desta Convocatoria.
CONVOCATORIA PARA A CESIÓN DE USO DE VARIOS ESPAZOS NO ANTIGO CÁRCERE PROVINCIAL