“Hoxe día 3 de marzo, achegámonos ate o cárcere e puidemos comprobar algunhas actuacións de parcheado das cobertas. Entendemos que as últimas inclemencias meteorolóxicas fixeron necesarias estas intervencións. (Fotos)
Entendemos que o tapado destes elementos da coberta, está vencellado a un intento desesperado de poñerlle freno ao inminente deterioro do noso patrimonio. Entendemos tamén, que ollamos un interese da administración por minimizar a deriva do abandono, mais queremos expresar a nosa preocupación polo estado do noso ben patrimonial e da nosa memoria histórica. Ambas as dúas cuestións, prioritarias para esta Plataforma”