Sábado 18 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Rede Transibérica

No segundo día do Encontro coñeceremos os obxectivos e camiño da Red Transibérica explorando iniciativas posibeis tanto no ámbito rural como no urbán, e as dificuldades e solucións da xestión dos espazos culturais independentes.

CARTAZ RED TRANSIBERICAAbrimos a xornada ás 10h coa presentación da Red Transibérica e e mesa “Recuperación de Espazos culturais no rural”, café para tomar forzas e continuar coa “Recuperación de Espazos culturais no urbán”.

Fechamos a mañá coa presentación individual de proxectos dos espazos para o 2015 e desfrutamos da comida ecolóxica e local de Leira Longa e un descansiño e/ou paseo ollando ao mar bravo da Coruña.

Un bon momento para darlle unha ollada as exposicións do “Jail Art” e “Coruña Baleira” ou achegarse ata o Cárcere da Torre e vislumbrar o que pode chegar a ser este espazo para todas e todos nós.

Ás 16h30 pasamos á parte mais prática do Encontro co “Taller  de problemáticas e solucións na xestión de espazos” na que traballaremos toda a tarde finalizando cunha posta en común.

Momento para descansar e alimentar o corpo despois dunha intensa xornada de 20h30 a 22h co catering de Leira Longa na nosa cantina

Pero a cousa non termina aqui, como fin da parte aberta do Encontro iremos a partir das 22h30 ao  Mardi Gras ao concerto de “Ruta 77” ás 22h30 seguido da “Festa Pop Think in!”…e o que o corpo aguante.

Se aínda non te apuntaches, achégate o venres 17 ás 16h ao Instituto Anxel Casal e fala connosco. Isto non é para perder. 😉